O Clube Voleibol Ribeira Sacra logra presenza na Primeira División en todas as categorías inferiores

RibeiraSacraXa
Os equipos alevín e cadete conseguiron a clasificación no Torneo de Apertura, mentres que os conxuntos B infantil e cadete ascenden á Segunda División
voleibol-xenerica-recurso
5 Oct 2026

O Clube Voleibol Ribeira Sacra pechou unha importante xornada no Torneo de Apertura coa clasificación dos seus equipos alevín e cadete para a Primeira División das categorías inferiores do voleibol galego. Estes resultados súmanse aos acadados a pasada tempada polos equipos benxamín, infantil e cadete, que xa tiñan asegurada a súa presenza nesta categoría.

Deste xeito, o club contará con representación na Primeira División en todas as categorías inferiores federativas. Ademais, os equipos B das categorías infantil e cadete lograron o ascenso á Segunda División.

O Ribeira Sacra tamén terá presenza nas competicións federativas de cuarta división cos equipos infantil C, cadete C e xuvenil B.

Os resultados obtidos poñen en valor o traballo desenvolvido polo club e, especialmente, polo seu corpo técnico. Desde a entidade felicitaron a Yorasi, Laida, Mónica, María, Roberto, Jhoni e Rubén polo seu labor ao longo da competición e desexaron ás xogadoras, adestradores e ao conxunto do club unha boa tempada.

No Torneo de Apertura alevín, disputado o sábado 3 no Pavillón Municipal da Pinguela, o Ribeira Sacra venceu o CV Teis por 3-0, con parciais de 25-5, 25-3 e 25-4. No segundo encontro, impúxose ao CV Pontevedra por 3-1, con parciais de 25-8, 25-9, 22-25 e 25-18.

Na categoría infantil, o Ribeira Sacra derrotou o Maniotas por 1-3 no Pavillón A Rodeira de Cangas, con parciais de 19-25, 25-18, 12-25 e 22-25.

O equipo cadete venceu o Colexio San Narciso por 0-3 no pavillón do colexio de Marín, con parciais de 13-25, 25-27 e 18-25.

Na categoría xuvenil, os partidos disputáronse o domingo 4 no Pavillón dos Remedios de Ourense. O Ribeira Sacra venceu o CV Coruña por 3-0, con parciais de 25-10, 25-17 e 25-14, e posteriormente gañou ao CV Dompa por 0-3, con parciais de 14-25, 13-25 e 15-25.

A xornada completouse coa final da Copa Federación Cadete, disputada o sábado na Pinguela, na que o Ribeira Sacra perdeu ante o Korbis por 1-3. O equipo local gañou o primeiro set por 27-25, pero o Korbis remontou nos seguintes, con parciais de 7-25, 20-25 e 21-25.

0.13583111763