Novas de Pantón
O Outono Cultural de Pantón chega con teatro, cine, obradoiros e as festas do Samaín e o Magosto
O Concello organiza ata mediados de decembro unha axenda que combina actividade física, obradoiros creativos, representacións teatrais dominicais, cine e as celebracións festivas máis esperadas do calendario local
Pantón acollerá un magosto con comida, bingo e música a tarde do 31 de outubro
O encontro celebrarase en Campo Redondo e inclúe menú completo, mesa doce e actuación musical, cun prazo de inscrición que remata o 26 de outubro
A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno propón unha andaina de Pantón a Belesar con visita a un mosteiro
A ruta terá lugar o sábado 17 de outubro, percorrerá 13,7 quilómetros e contará con 34 prazas, ademais dun autobús con saídas en Lalín e Chantada
Pantón recupera o Obradoiro de Traballo Intelectual para estimular a mente e favorecer a socialización
A actividade, gratuíta e dirixida a persoas adultas, comezará o 14 de outubro e desenvolverase todos os mércores pola tarde
Pantón retoma os encontros para homes centrados nas masculinidades e na igualdade
A iniciativa dos Servizos Sociais regresará á Casa da Cultura de Ferreira cunha sesión mensual e incorporará novos obradoiros e unha fin de semana intensiva
A Deputación de Lugo cederá ao Concello de Pantón unha parcela para facilitar o acceso ao pantalán de Maiorga
O pleno provincial prevé aprobar a próxima semana o traspaso do terreo, situado nas proximidades da instalación fluvial municipal e necesario para garantir o acceso ao río Miño
Pantón abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas de outono
As persoas interesadas poderán apuntarse de xeito presencial na Casa da Cultura ata o vindeiro 25 de setembro
Pantón pon fin aos seus campamentos de verán infantís tras a participación de 80 menores
Ao longo de xullo e agosto, os participantes desfrutaron de obradoiros, saídas, xogos de auga e outras propostas deportivas e de lecer pensadas para facilitar a conciliación familiar durante a época estival
Ferreira de Pantón celebra esta fin de semana as súas festas patronais cun intenso programa
A programación combinará sesións vermú, actos relixiosos, actividades infantís e actuacións musicais con grupos, DJs e orquestras durante tres xornadas
Vendaval regresa á Ribeira Sacra coa historia e o territorio como eixo central
A terceira edición da Mostra de Cinema Portugués propón seis días de proxeccións, encontros con cineastas, coloquios, formación e actividades musicais en diferentes espazos da comarca
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebra a súa oitava edición do 23 ao 30 de agosto con cinco artistas internacionais
O festival incorpora este ano o piano en dous dos seus concertos, que se trasladan a auditorios por necesidades loxísticas, e mantén os seus tradicionais ensaios abertos ao público en Os Peares
Pantón acollerá a estrea do documental ‘1846 – Revolución Galega’ no 180 aniversario do movemento
A proxección terá lugar este venres ás 20.00 horas e incluirá un coloquio co director e investigador César Caramês
A Vicepresidencia da Deputación destinará 27.000 euros á mellora das instalacións deportivas do Baliño, en Pantón
Os traballos actuarán sobre o campo de herba natural e o anexo de céspede artificial, mentres a Vicepresidencia lembra a publicación provisional das axudas para clubs deportivos da provincia
O Torneo Ping Pong Pantón celebrará a súa cuarta edición do 28 ao 31 de xullo
A cita, aberta a participantes de todas as idades e niveis, busca combinar deporte, convivencia e dinamización da vida social durante o verán
A XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra premia as mellores elaboracións da denominación de orixe
Un total de 22 adegas presentaron 64 mostras na cita, celebrada no Balneario de Augas Santas, en Pantón, coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez
Ribas de Sil alcanzou os 42,3 graos e marcou a temperatura máis alta de Galicia
Os termómetros tamén superaron os 40 graos en Ourense, Monforte, Leiro e Pantón
O Fest Clásico Ribeira Sacra celebrará a súa oitava edición en Os Peares entre o 23 e o 30 de agosto
O encontro musical contará cun cartel integrado por intérpretes vinculados a institucións e formacións de referencia no ámbito internacional
Eventos
A parroquia de Bazal, en Pantón, celebrará tres días de festas na honra de Santa Isabel
A programación desenvolverase entre os días 3 e 5 de xullo con pancetada, verbenas, torneos tradicionais e propostas para todos os públicos
A curtametraxe 'Cara de cona' do vigués Guillermo de Oliveira lévase un dos premios Fugaz
Ambientada na Galicia rural, trátase dunha comedia negra protagonizada por Milo Taboada, Diego Anido, Nancho Novo, Cristina Andrade e Noah de Diego gravada en Sober e Pantón
As xornadas da Rota do Románico de Pantón continúan este venres coa proxección de catro curtas rodadas na Ribeira Sacra
O ciclo, titulado ‘Kino Terra. Cinema e territorio’, proxectarase na Casa da Cultura
Bóveda celebrará as festas de Mosteiro a vindeira fin de semana con música, guateque e xantar popular
A programación inclúe actuacións o sábado pola tarde e unha xornada de peche o domingo con sorteo e comida veciñal
O ciclo “Por que nos xuntamos os homes?” chegou ao seu fin tras 8 encontros en Pantón
A proposta, iniciada en novembro de 2025 e dirixida exclusivamente a homes, buscou reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual
Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Pantón
Estarán dirixido a nenos e nenas nados entre 2010 e 2022 e desenvolverase por quincenas entre os meses de xullo e agosto
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas










