Ribas de Sil alcanzou os 42,3 graos e marcou a temperatura máis alta de Galicia

GaliciaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Os termómetros tamén superaron os 40 graos en Ourense, Monforte, Leiro e Pantón
Ola de Calor
7 Jul 2026

O municipio lucense de Ribas de Sil rexistrou este luns a temperatura máis elevada de Galicia ao alcanzar os 42,3 graos centígrados ás 16.10 horas, segundo os datos recollidos pola estación meteorolóxica de MeteoGalicia situada en San Clodio.

A intensa vaga de calor deixou tamén rexistros superiores aos 40 graos noutras localidades galegas. Así, a cidade de Ourense chegou aos 40,8 graos, mentres que Monforte de Lemos alcanzou os 40,4, Leiro os 40,2 e Pantón os 40,1 graos.

A xornada estivo marcada pola alerta vermella por altas temperaturas activada en 46 concellos das comarcas do centro de Lugo e da montaña de Ourense, onde se rexistraron os valores máis elevados do día.

Con todo, a previsión meteorolóxica apunta a un alivio da situación nas próximas horas. MeteoGalicia prevé para este martes un descenso xeneralizado das temperaturas, o que levou á Xunta a reducir os niveis de alerta. Deste xeito, permanecerá activa unicamente a alerta amarela nas zonas do centro e montaña de Lugo, noroeste e montaña de Ourense e interior da provincia de Pontevedra.

0.1317241191864