Pantón abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas de outono

O Concello de Pantón abriu o prazo de inscrición para as actividades deportivas municipais incluídas no programa 'Pantón en Forma'. As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición de xeito presencial ata o 25 de setembro.
As inscricións realizaranse na Casa da Cultura do municipio, en horario de 10.00 a 20.00 horas, de luns a venres.
O programa contempla tres modalidades de actividade física: mantemento, pilates e aerobic-cardio, pensadas para adaptarse a distintos perfís e niveis de condición física.
As bases completas da convocatoria, con toda a información detallada sobre cada actividade, poden consultarse na páxina web do Concello de Pantón (www.concellodepanton.es).
A iniciativa está organizada polo Concello de Pantón coa colaboración da Deputación de Lugo.