Preto de 60 nenas e nenos participan este verán nos campamentos municipais de Pantón

RibeiraSacraXa
A iniciativa desenvólvese entre os meses de xullo e agosto en quendas quincenais e inclúe un servizo de madrugadores para facilitar a conciliación familiar e laboral
campamento-de-veran-panton-2026
12 Jul 2026

Case 60 nenas e nenos participan desde comezos deste mes nos campamentos de verán organizados polo Concello de Pantón, unha iniciativa que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto co obxectivo de favorecer a conciliación das familias durante o período estival.

O programa estrutúrase en catro quendas: do 1 ao 17 de xullo, do 20 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto, permitindo a participación da rapazada ao longo de todo o verán.

Os campamentos están dirixidos a nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2022 e as actividades desenvólvense en horario de 10.00 a 14.00 horas, agás os días festivos.

Ademais, o Concello ofrece un servizo de madrugadores entre as 9.00 e as 10.00 horas, unha medida pensada para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

0.14404010772705