Os Peares acolle dende este venres a IX Exposición de Pintura Ribeira Sacra Cultural

RibeiraSacraXa
O Consorcio Local de Os Peares, en Pantón, inaugura este venres ás 19.30 horas unha nova edición desta mostra artística, que este ano conta con José Randolfe Vilariño como pintor convidado e poderá visitarse ata o 20 de agosto.
exposicion_pintura_ribeira_sacra
14 Aug 2026

Este venres 14 de agosto, ás 19.30 horas, o Consorcio Local de Os Peares, en Pantón, abre as portas á IX Exposición de Pintura Ribeira Sacra Cultural. Nesta novena edición, a mostra ten como artista convidado a José Randolfe Vilariño.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 20 de agosto, en horario de tarde, de 19.00 a 20.00 horas.

Está previsto que a clausura, o propio 20 de agosto ás 19.30 horas, coincida coa presentación do VIII Fest Clásico Ribeira Sacra.

0.13310194015503