Novas de Pantón
Espasantes celebra as súas festas en honra á Virxe dos Remedios esta fin de semana
As celebracións comezarán o venres cunha pancetada e queimada popular
O Obradoiro de Emprego Ricra VIII promovido polos concellos de Pantón, O Saviñao e Sober puxo fin tras 9 meses
O taller contou con 20 prazas de formación teórica e práctica para persoas desempregadas en ámbitos cunha elevada demanda laboral
Pantón, Vilalba e Mondoñedo acollerán cursos de apicultura a partir do luns
As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616
O ciclo “O futuro das persoas viticultoras na Ribeira Sacra” regresa do 29 de agosto ao 6 de setembro
Organizado polo Sindicato Labrego e a Deputación de Lugo, achegarase aos concellos de Quiroga, Chantada, Pantón, Sober, Monforte de Lemos y Taboada
A Deputación comeza os traballos de mellora da estrada LU-P-5901 ao seu paso por Canaval
Os traballos afectan aos dous primeiros quilómetros, na conexión entre Sober e Ferreira de Pantón, e que consistirán na reapertura de cunetas para aumentar a eficiencia da drenaxe, pavimentación e sinalización
Segredos de Pantón organiza o vindeiro 16 de agosto unha actividade para coñecer as telleiras da zona
Os participantes visitarán a telleira do Baliño, situada en Santa María de Ferreira, e a telleira da Bastida, en Mañente
Alerta laranxa en Ourense e no sur de Lugo por temperaturas extremas
O aviso estará activado ata as 21:00 horas
A Deputación de Ourense garante o seu apoio ao Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra
O programa ten como obxectivo converter a Ribeira Sacra nun “territorio descarbonizado” en 2030
Os alpinistas de 3Cumios equipan 14 escolas rurais en Perú con material educativo e deportivo
A iniciativa beneficiará a arredor de 500 nenos e nenas de comunidades rurais da zona
O Mosteiro de Ferreira acollerá un concerto de música clásica no marco da Rota do Románico
A cita, con entrada gratuíta, celebrarase o sábado 26 de xullo e ofrece unha experiencia musical única no corazón da Ribeira Sacra
Santa Eulalia de Tuiriz celebra as súas festas en honor á Virxe do Carme
Desde este venres ata o luns, esta parroquia de Pantón encherase de música, gastronomía e tradición
Os alpinistas de 3Cumios prepáranse para ascender ao Huascarán, o cume máis alto do Perú
O proxecto está formado por Manuel Vieitez (Sober), Tomás Porto (Pantón) e José Manuel Prieto (Monforte) e poñerá á Ribeira Sacra no epicentro do alpinismo a nivel internacional
Pantón acollerá unha conferencia sobre Cruz Puente Ordax, veterano de Cuba e exalcalde do municipio
Será este venres, 11 de xullo, dentro dos actos da Rota do Románico
Pantón acollerá esta semana un espectáculo de lume dentro do programa do Verán Cultural
Será este venres, 11 de xullo, na Praza do Concello
Segredos de Pantón organiza un roteiro pola parroquia de Deade
A cita terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo e será unha oportunidade para coñecer a historia, o patrimonio e as curiosidades deste lugar
Pantón programa dúas actividades culturais na Casa da Cultura para este venres
Ás 20:00 horas terá lugar a presentación da reedición do libro ‘Cantigas e Cantos de Pantón’ e, pola noite, o grupo Carta de Ajuste ofrecerá un espectáculo musical
Medio Rural elaborará os primeiros catálogos parciais de solos agropecuarios e forestais de Galicia no Val de Lemos
O obxectivo principal é favorecer a recuperación da terra agraria nesta área, especialmente no contexto do regadío do Val de Lemos
A 36ª edición das Xornadas da Rota do Románico de Pantón arranca cun concerto de Peitoescuro este domingo
As actividades desenvolveranse ata o 30 de agosto en distintos espazos do municipio
O Trece Roeis Fest pon a Pantón no centro do panaroma musical co apoio da Deputación
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou este martes máis detalles desta cita que terá lugar o 20 e 21 de xuño no concello de Pantón
Aberto o prazo para inscribirse no Campamento de Verán de Pantón
Desenvolverase durante 4 quincenas ao longo dos meses de xullo e agosto




