Pantón celebra esta fin de semana as festas de Santa María de Tuiriz

RibeiraSacraXa
A programación, na honra á Virxe do Rosario, desenvolverase do 26 ao 28 de setembro con música tradicional, sesións vermú, verbena e unha gran pancetada
fogos-artificiais-festas
25 Sep 2026

Santa María de Tuiriz, en Pantón, celebrará esta fin de semana as súas festas na honra á Virxe do Rosario cunha programación que combinará tradición, música e propostas gastronómicas durante tres xornadas.

Os actos comezarán o sábado 26 de setembro ás 20.30 horas cunha gran pancetada, que estará amenizada pola Banda de Acordeóns O Folión.

O domingo 27, a xornada arrancará ás 10.00 horas cun pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional Os Triskeles. Ás 13.30 horas terá lugar a misa solemne e a procesión e, a continuación, celebrarase a sesión vermú co Grupo Euphoria.

Pola noite, a partir das 21.00 horas, a festa continuará coa actuación do Grupo Euphoria e da Orquestra Costa Dorada.

As celebracións pecharanse o luns 28 de setembro. Ás 13.30 horas celebrarase novamente a misa solemne e a procesión, seguidas da sesión vermú amenizada polo Grupo Amanay. Xa ás 20.30 horas dará comezo a festa de tarde e noite, que contará coa actuación do mesmo grupo e da Orquestra Suavecito.

cartel-festas-santa-maria-tuiriz-panton
0.14925003051758