Ferreira de Pantón celebra esta fin de semana as súas festas patronais cun intenso programa

Ferreira de Pantón prepara tres días de celebración con motivo das festas na honra de Santa María, que se desenvolverán os días 22, 23 e 24 de agosto cun programa que combinará música, actividades para a cativada e actos relixiosos.

A xornada do sábado 22 comezará ás 11.30 horas con sesión vermú polos bares de Ferreira. Ás 14.00 horas, a actividade trasladarase á Praza de Goián para unha nova sesión vermú.
Pola noite, a partir das 21.30 horas, terá lugar a festa, que contará coas actuacións do Grupo Cabaret, o Grupo Claxon e DJ Brais GZ.
O domingo 23 volverá comezar ás 11.30 horas coa sesión vermú polos bares de Ferreira. Ás 13.00 horas celebrarase a misa solemne, coa participación da Coral Xeada, mentres que ás 14.00 horas haberá novamente sesión vermú na Praza de Goián.
A programación da tarde incluirá a actividade infantil Infantilandia, que comezará ás 17.30 horas na Praza do Concello. Pola noite, desde as 21.30 horas, a festa estará amenizada polo Grupo América e a Orquestra Combo Dominicano.
As festas pecharanse o luns 24 de agosto. A sesión vermú polos bares de Ferreira será ás 11.30 horas e ás 14.00 horas volverá celebrarse na Praza de Goián.
Ás 17.30 horas, a cativada poderá participar novamente en Infantilandia, nesta ocasión na piscina municipal. A partir das 21.30 horas, a última noite festiva contará coas actuacións das orquestras Saudade e Tango.