O ciclo “Por que nos xuntamos os homes?” chegou ao seu fin tras 8 encontros en Pantón

RibeiraSacraXa
A proposta, iniciada en novembro de 2025 e dirixida exclusivamente a homes, buscou reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual
xuntanza-homes-25-n-panton
21 Jun 2026

O Concello de Pantón puxo fin o pasado martes ao ciclo “Por que nos xuntamos os homes?”, unha proposta iniciada en novembro de 2025 e dirixida exclusivamente a homes, que busca reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual.

En total, a Casa da Cultura acolleu oito encontros ao longo dos meses, cun gran éxito de participación, logrando reunir a unha trintena de participantes só na primeira sesión.

Durante as charlas, os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias e opinións para abordar cuestións relacionadas cos privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino.

0.13659596443176