Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán de Pantón

O Concello de Pantón ten aberto o prazo para anotarse nos Campamentos Infantís de Verán, unha iniciativa que se desenvolverá entre o 1 de xullo e o 31 de agosto co obxectivo de favorecer a conciliación das familias durante o período estival.
As actividades organizaranse por quincenas, distribuídas en varios tramos: do 1 ao 17 de xullo, do 20 ao 31 de xullo, do 3 ao 14 de agosto e do 17 ao 31 de agosto. Os campamentos estarán dirixidos a nenos e nenas nados entre 2010 e 2022, tendo prioridade aqueles empadroados no municipio.
O horario xeral será de 10:00 a 14:00 horas, con excepción dos festivos, e incluirase un servizo de madrugadores entre as 9:00 e as 10:00 horas para facilitar a conciliación laboral e familiar.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a inscrición na Casa da Cultura de Pantón entre o 15 e o 19 de xuño, en horario de 10:00 a 20:00 horas, ou a través do teléfono 982 456 377.