Pantón acollerá este domingo dúas propostas de deporte e natureza

RibeiraSacraXa
As persoas interesadas poderán participar nun roteiro polo val do río Carabelos e no Gravel Ribeira Sacra
bicicleta-xenerica-
23 Sep 2026

O domingo 27 de setembro, Pantón será escenario de dúas propostas de deporte e natureza: o 'Roteiro polo val do río Carabelos', de carácter sendeirista, e o 'Gravel Ribeira Sacra', vinculado ao ciclismo.

A ruta polo val do río Carabelos comezará ás 09.30 horas desde o balneario Iberik Augas Santas. Trátase dunha andaina circular duns 6 quilómetros e de dificultade moi sinxela. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán coñecer unha antiga mina, unha casa grande e un castro, entre outros puntos de interese do contorno. A actividade ten un custo de 3 euros por persoa.

Para participar é necesario inscribirse. Os organizadores habilitaron varias vías: o correo electrónico segredosdepanton@gmail.com, o teléfono 662 669 223 (Lucas Vázquez) e os perfís de Instagram e Facebook. A iniciativa está organizada por Segredos de Pantón, Bikesacra e Monforte Ten un Plan.

Ese mesmo domingo terá lugar a proposta 'Gravel Ribeira Sacra', que sitúa de novo Pantón como punto de encontro para a práctica deportiva ao aire libre. A xornada conta coa organización e patrocinio do Concello de Pantón xunto con Bikesacra, Iberik Augas Santas Balneario & Golf e Gravel Ribeira Sacra.

0.16716909408569