As xornadas da Rota do Románico de Pantón continúan este venres coa proxección de catro curtas rodadas na Ribeira Sacra

As xornadas da Rota do Románico continúan este venres en Pantón coa celebración do ciclo ‘Kino Terra. Cinema e territorio’, unha iniciativa centrada no cine vinculado á memoria e ao territorio. A actividade terá lugar ás 18:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, onde se proxectarán catro curtametraxes rodadas na Ribeira Sacra.
Para rematar o mes de xuño, o día 28 terá lugar unha das citas máis destacadas das xornadas coa presentación da restauración das pinturas murais do presbiterio da igrexa do Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira, realizada pola restauradora Vania López Arias. A actividade completarase cun concerto do dúo de piano e violín Artistas.