Novas de Folgoso do Courel
Folgoso do Courel celebra a XXXVII edición da súa Festa da Castaña con música, gastronomía e artesanía
O Concello acolle unha nova edición desta celebración declarada de interese turístico, con actividades repartidas entre varios días e unha xornada central chea de música, degustacións e concursos
O alumnado do CFEA de Becerreá completa a súa formación forestal no Courel
Os estudantes percorreron a Devesa da Rogueira e visitaron a Aula da Natureza de Moreda para coñecer a biodiversidade da zona e a importancia da xestión sostible dos espazos naturais
Folgoso do Courel abre cinco liñas de axudas municipais para 2026 con prazo ata o 23 de novembro
As convocatorias abranguen festas parroquiais, natalidade, material escolar e transporte de estudantes
O CIM Móbil levará un obradoiro de autocoidado a Folgoso do Courel o 19 de outubro
A actividade, orientada a crear redes de apoio entre mulleres, celebrarase no local de Fondo de Vila e rematará cunha merenda popular
Folgoso do Courel suma un novo vehículo para reforzar a recollida de residuos
O municipio amplía os seus medios materiais para a prestación deste servizo público grazas a un convenio de colaboración administrativa
O concurso de fotografía CourelSon 26 abre a votación para escoller a imaxe gañadora
As 12 fotografías seleccionadas polo xurado profesional pasan á fase aberta ao público, que poderá puntuar as imaxes ata o 25 de outubro
Os ‘Camiños dos Sabores’ regresan ao Courel con catro propostas para coñecer os produtos locais
A cuarta edición comezará o 10 de outubro e combinará rutas guiadas con visitas a produtores e actividades vinculadas á gastronomía da montaña
Folgoso do Courel avanza no proxecto da futura residencia de maiores
O Concello vén de comunicar formalmente á Xunta a súa disposición a facilitar os terreos necesarios para a implantación do centro residencial promovido pola Administración autonómica
O brindo achegará a improvisación oral en galego ao alumnado do Xeoparque Montañas do Courel
Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel organizarán obradoiros nos seus colexios e unha actuación aberta ao público o 4 de outubro
Folgoso do Courel estrea a nova rúa Sandra Rodrigo tras un investimento de 300.000 euros
A actuación do Plan Hurbe financiouse nun 70 % pola Xunta e nun 30 % polo Concello e mellora o acceso a Fondo da Vila e aos seus principais equipamentos
Folgoso do Courel inaugurará este domingo a nova rúa de Fondo de Vila, dedicada a Sandra Rodrigo Balboa
O acto terá lugar ás 12.00 horas e servirá tamén para lembrar e recoñecer a unha das persoas que impulsou a actuación
O Courel acollerá este sábado o Campionato Xunta de Galicia de Trail Running de Montaña
A proba celebrarase o 29 de agosto en Folgoso do Courel e reunirá participantes e afeccionados nunha xornada dedicada ao deporte de montaña
Coureleando estreará este sábado unha nova por Visuña
A proposta, deseñada por Guillermo Díaz Aira, percorrerá 18 quilómetros entre o Alto do Couto, Visuña e Cruces, con 923 metros de desnivel positivo
Derradeiros días para anotarse na II Courel Mountain Running
A proba, que se disputará o 29 de agosto pola Serra do Courel, será tamén sede do XVIII Campionato Xunta de Galicia de Trail Running
O Festival dos Eidos regresa a Parada do Courel co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo
A cita, organizada pola Fundación Uxío Novoneyra, terá lugar os días 29 e 30 de agosto
Folgoso do Courel acolle este xoves o espectáculo familiar “A fada que non sabía ser fada”
A proposta de Trémola Teatro combinará teatro e música a partir das 19.00 horas na Praza do Concello
A Deputación reforza o seu apoio a Pedrafita con máis de 850.000 euros en servizos e infraestruturas
Carmela López visita o municipio e asina un novo convenio de 137.000 euros para actuar no centro de saúde, na nave de usos múltiples e noutros equipamentos
Eventos
O PP critica que a residencia de maiores de Folgoso do Courel segue sen construirse tras expirar o prazo previsto
Antonio Ameijide acusa os gobernos do PSOE e do BNG na Deputación de incumprir o convenio e reclama que se retome o proxecto para dotar o municipio do servizo comprometido
‘Galiza Natura’, o libro que convida a descubrir e protexer as paisaxes máis valiosas de Galicia
Marcos Reinoso e a ilustradora Eva Piay asinan unha obra divulgativa dirixida a nenos e adultos que percorre espazos naturais emblemáticos e aborda os principais retos para a súa conservación
O Xeoparque Montañas do Courel programa rutas guiadas e obradoiros de natureza para o outono
A Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Iribio e Courel organiza entre setembro e novembro unha nova edición de 'Actividades na Biosfera', con saídas para observar fauna, itinerarios xeolóxicos guiados e propostas sobre apicultura, coas inscricións abertas dende o 1 de setembro
A Furgoteca levará os seus libros polas aldeas de Folgoso do Courel no mes de agosto
A biblioteca móbil da Xunta percorrerá dúas rutas polo municipio lucense os días 10 e 28 de agosto, levando o servizo de préstamo de libros ata as parroquias máis afastadas
A Fundación Uxío Novoneyra convida á veciñanza a participar no proxecto Terraverso
A iniciativa, desenvolvida xunto con distintas casas-museo e a Universidade da Coruña, busca coñecer a percepción da cidadanía sobre a Casa-Museo Uxío Novoneyra e o territorio no que se integra
Eiriz celebra o XXX aniversario das súas festas na honra a San Xoán cunha edición especial
A veciñanza organizará os días 16 e 17 de agosto un programa con petanca, misa e procesión, música tradicional, verbena con DJ Rafa e concurso de baile
Folgoso do Courel acollerá en setembro o primeiro Encontro Ibérico de Espeleoloxía
O IBERESPELEO 2026 reunirá do 18 ao 20 de setembro participantes procedentes de España, Portugal e territorios insulares para participar en exploracións, actividades técnicas e charlas










