O CPI Poeta Uxío Novoneyra acollerá este sábado a XIX Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores

RibeiraSacraXa
A xornada está dirixida a persoas empadroadas de 65 anos ou máis, que poderán acudir cun acompañante e dispoñerán de transporte gratuíto desde diferentes núcleos do concello
XVIII Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores de Folgoso do Courel
XVIII Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores de Folgoso do Courel
24 Sep 2026

O CPI Poeta Uxío Novoneyra acollerá este sábado 26 de setembro a XIX Festa da Solidariedade coas Persoas Maiores, unha xornada de encontro destinada á veciñanza de maior idade do municipio.

A participación será gratuíta para as persoas empadroadas de 65 anos ou máis, que poderán acudir acompañadas por outra persoa. O Concello tamén habilitará transporte gratuíto desde diferentes núcleos do municipio para facilitar os desprazamentos ata o lugar da celebración.

As persoas que non recibisen a invitación para participar na festa poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 433 001 para solicitar información.

0.16462111473083