Novas de Monforte
Pedrafita e Monforte acollen obradoiros gratuítos para aprender a detectar noticias falsas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organizará dúas sesións esta semana para ofrecer ferramentas contra a desinformación, con actividades abertas ao público os días 21 e 22 de outubro
Monforte de Lemos conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama cun acto reivindicativo na rúa Cardeal
A Torre da Homenaxe do conxunto de San Vicente iluminarase de rosa esta noite como xesto de apoio ás persoas afectadas por esta enfermidade
A piscina de Monforte alcanza os 1.177 socios e incrementa nun 86 % o número de abonados desde a súa reforma
O número de abonados aumentou en 545 persoas en menos dun ano, o que supón un incremento do 86,2 % desde novembro
Espertamonforte acusa o Concello de "mirar para outro lado" mentres o persoal de limpeza dos colexios leva meses sen cobrar
Desde a formación municipal sosteñen que o Concello recibiu avisos reiterados durante o curso pasado por parte das direccións dos colexios
Lugo, Quiroga, Monforte, Burela e Foz conmemoran o Día do Cancro de Mama con actos de sensibilización
A Asociación Española Contra o Cancro organizará mesas informativas, lecturas de manifestos e actividades solidarias para dar visibilidade á enfermidade e reclamar unha atención máis humana e integral para as pacientes
Ana Pontón presenta a Emilio Sánchez como candidato do BNG á alcaldía de Monforte de Lemos para 2027
A formación nacionalista defende un proxecto centrado en mellorar a vida das persoas e en abrir un novo rumbo para o municipio
Monforte de Lemos recolleu 7.550 toneladas de residuos urbanos ao longo de 2025
O Concello fai balance do servizo de recollida de lixo, no que a fracción resto concentrou o 88,4 % do total recollido entre as cinco categorías de residuos.
PRODEME representará o CB Breogán na Copa Campeones da Fundación ACB
A asociación de Monforte participará na temporada 2026-2027 nesta competición estatal de baloncesto inclusivo para persoas con discapacidade intelectual
Monforte de Lemos abre o prazo de inscrición para o novo curso da Escola Municipal de Danza
As clases, que inclúen ballet clásico, danza contemporánea e hip hop, comezarán o próximo 16 de outubro no Centro Cívico do Paseo do Malecón
O proxecto da nova Ponte do Malecón recibe máis de 500 alegacións
A maioría das reclamacións céntranse no contido da infraestrutura, con escritos presentados polo BNG, Esperta Monforte e Salvemos o Malecón, entre outros; agora os técnicos municipais analizarán as propostas
O Cineclube do Ateneo Casino de Monforte regresará este venres cunha nova tempada
A sesión inaugural incluirá a proxección de ‘O banco que se creou sen diñeiro’ e un coloquio con integrantes da cooperativa Fiare
A Rede Museística de Lugo converte o patrimonio nun fío de apoio fronte ao estigma da saúde mental
A institución provincial conmemora o Día Mundial da Saúde Mental reivindicando vinte anos de museoloxía social, con proxectos de memoria, autocoidado e inclusión laboral
Monforte convida ao alumnado de 2º de Primaria a debuxar unha cidade máis sostible
O concurso ‘Os Bolechas reciclan en Monforte’ manterá aberto o prazo de presentación ata o 20 de novembro e repartirá tres premios de material artístico e educativo
Cinco estudantes do IES Río Cabe levan a Monforte o título nacional de Educación Financeira
O equipo monfortino venceu na categoría xuvenil do concurso ‘Finanzas Para Todos’ nunha final celebrada no Palacio da Bolsa de Madrid con representación exclusivamente galega
Monforte acolle a segunda edición das Xornadas de Benestar ‘Respira’
O Ateneo Casino será escenario do 8 ao 10 de outubro dun programa con coloquios, talleres, mesas redondas e proxeccións sobre saúde e coidado persoal
Organizan en Monforte unha andaina silenciosa pola paz o 10 de outubro
A proposta partirá da explanada da Compañía e rematará en San Vicente do Pino cun concerto de Waby Eliott e a lectura dun manifesto
O Clube Voleibol Ribeira Sacra logra presenza na Primeira División en todas as categorías inferiores
Os equipos alevín e cadete conseguiron a clasificación no Torneo de Apertura, mentres que os conxuntos B infantil e cadete ascenden á Segunda División
Eventos
O PP de Lugo reclama ao Goberno recuperar o tren hotel entre Galicia e Barcelona
Os senadores populares piden restablecer a conexión nocturna, que incluía unha parada en Monforte e foi suprimida en 2020
ADEGA leva a Monforte cinco décadas de ecoloxismo galego a través da exposición ‘50 anos coidando a Terra’
A mostra está instalada fronte ás Casiñas da Compañía e poderá visitarse ata o 13 de outubro
Monforte reparte 14.233 euros entre 15 asociacións para impulsar as súas actividades
As subvencións municipais apoian propostas culturais, formativas, lúdicas e recreativas desenvolvidas por asociacións inscritas no rexistro municipal
O CV Ribeira Sacra gaña nove dos dez partidos disputados na fin de semana
O club monfortino dá un paso cara á clasificación dos seus equipos de base para as Primeiras Divisións e o cadete accede á final da Copa Federación
O IES Río Cabe de Monforte disputará en Madrid a final nacional do Concurso Escolar de Educación Financeira
O centro monfortino será un dos catro representantes galegos na gran final, que se celebrará o 5 de outubro no Palacio da Bolsa
O PP reclama medidas para poñer en valor os terrenos do Pazo de Tor
Destacan que a finca conta con zonas de arboredo, parcelas cultivables e un gran estanque de auga e aseguran que actualmente se atopa sen uso
A UNED de Lugo amplía a UNED Sénior a sete materias para o curso 2026-2027
A matrícula abrirá o 28 de setembro en Lugo, Sarria, Monforte de Lemos e Viveiro, cunha programación que incorpora novas materias e profesorado










