RibeirasacraXa
O incendio de Taboada queda estabilizado despois de arrasar unhas 30 hectáreas
O lume, declarado onte pola tarde na parroquia de Ínsua, foi controlado esta mañá tras a intervención dun amplo dispositivo terrestre e aéreo
GaliciaXa
Galicia vive unha xornada histórica coa eclipse total de Sol que reuniu milleiros de persoas en rúas, praias e miradoiros
A Terra Chá, Sarria, Lugo, Ribeira Sacra e Ferrol gozaron dunha observación case perfecta, mentres que as nubes limitaron a visibilidade en boa parte da Mariña e da Coruña
Chantada terá servizo de ITV móbil para ciclomotores o 9 de setembro
O Concello de Chantada acollerá a unidade móbil de inspección técnica de vehículos para ciclomotores no Mercado Gandeiro, con servizo de mañá e tarde e cita previa obrigatoria
Os Bolechas levan o seu Karaoke Deportivo a Chandrexa de Queixa este sábado
O antigo colexio de Celeiros acollerá o 15 de agosto unha tarde de música, baile e xogo en familia dentro do programa FalaRedes
Taboada vivirá a eclipse solar de 2026 cunha xornada de astronomía en Castelo
O Concello de Taboada organiza este mércores unha xornada divulgativa na parroquia de Castelo, con charlas de astronomía e protección ocular antes de subir ao castro para observar a eclipse. A organización avisa de que xa non se repartirán lentes protectoras no propio acto por esgotamento das existencias
Montederramo une o eclipse solar con feira, gastronomía e música nunha xornada de verán
Vivirase este mércores unha xornada especial marcada polo eclipse solar, para o que se lembra a importancia de protexer a vista, seguida dunha feira con carne ó caldeiro e churrasco, e actuacións musicais ata a madrugada
A feira do Pinto reuniu a centos de persoas en Esgos
A xornada mantivo a tradicional degustación de callos, postos de venda, pulpería, churrasco e a actuación da banda de gaitas do Concello
RibeiraSacraXa
Os mellores lugares da Ribeira Sacra para ver a eclipse total de sol
Folgoso do Courel terá a fase de totalidade máis longa, seguido de Bóveda, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil e Taboada
Ribas de Sil énchese de aventura coa Festa da Xuventude na praia fluvial este xoves
O Concello, coa colaboración de Ocio e Deporte Valdeorras e Montañas do Courel, organiza unha xornada de actividades ao aire libre, animación e lecer familiar nun contorno natural único
A Deputación de Lugo inicia a mellora de sete quilómetros da estrada que une Sober e Doade
A actuación na LU-P-5903 conta cun investimento de 185.000 euros e un prazo de execución de dous meses para renovar a drenaxe, reparar os danos e repavimentar a vía
Vendaval celebra a súa terceira edición con seis películas portuguesas e galegas na Ribeira Sacra
O festival reunirá do 25 ao 30 de agosto seis longametraxes de Portugal e Galicia en A Casa da Memoria (Bóveda) e outros espazos da comarca, con proxeccións, concertos, sesións DJ e coloquios de balde, ademais da visita da cineasta Margarida Cardoso
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
As entidades sociais de Lugo poden optar a axudas do SEPE para formar e contratar mozos migrantes tutelados e extutelados
A convocatoria, dotada con 25 millóns de euros, financiará programas de emprego e formación de 12 meses de duración e as solicitudes poderán presentarse ata o 24 de agosto
Monforte reclama un uso responsable da auga en plenas Festas Patronais pola seca
O alcalde José Tomé Roca asina un bando municipal para pedir á veciñanza e aos negocios que reduzan o consumo innecesario de auga, sobre todo o rego de xardíns e hortas e o enchido de piscinas, coincidindo co aumento de actividade na cidade
Esgos endurece as medidas ante a grave escaseza de auga e ameaza con cortar a subministración por consumos abusivos
O Concello lembra que está prohibido utilizar a auga da traída para regar, lavar vehículos, encher piscinas ou para calquera uso que non sexa esencial
Monforte repartirá gafas homologadas de balde para ver a eclipse solar do 12 de agosto
O Concello entregará o material de protección ocular na Casa do Concello de 09.30 a 13.30 horas, ata fin de existencias, e pide á veciñanza que recolla unha soa unidade por persoa
Ourense afronta un martes de calor extrema: alerta vermella na montaña e aviso amarelo en Valdeorras
A Xunta activa mañá o nivel máximo de alerta por altas temperaturas na montaña ourensá, que inclúe boa parte da Ribeira Sacra, mentres Valdeorras queda en aviso amarelo
O Saviñao ensina a construír cunha caixa de cartón un visor caseiro para ver a eclipse sen riscos
A actividade, dirixida a todos os públicos e pensada especialmente para as familias, celébrase o 11 de agosto e permitirá que cada participante leve o seu propio dispositivo listo para o día do fenómeno astronómico
As XLI Xornadas de Folclore comezan o seu percorrido pola provincia de Ourense
A XLI edición desenvolverase ata o 20 de agosto con representacións de Armenia, Ecuador, México, Senegal, Serbia e Taiwán
A Gala da Maxia encheu a Praza de España de Monforte nuncha noite chea de ilusión
Os ilusionistas Iago, Rafa e Carlos Adriano protagonizaron este domingo unha nova cita gratuíta do Verán Cultural, que reuniu a numeroso público entre trucos, malabarismos e bo humor
Quiroga celebra este 10 de agosto a XXXV Feira Mercado e Mostra do Mel
A Rúa Real acolle dende as 11.00 horas a apertura do recinto feiral coa alborada do grupo de gaitas O Recanto e, ao mediodía, sesión vermú con Jorge Ferre na Praza Rúa Lago
Taboada despide as Festas dos Milagres 2026 coa Festa do Oso na Medela e unha gran verbena na Alameda
A xornada deste luns 10 de agosto reunirá música, festa da escuma nas piscinas municipais e a actuación da Orquestra Charleston Big Band, que pon o broche final a unhas festas patronais marcadas pola participación veciñal
O BNG de Monforte cuestiona a nova fonte do Parque dos Condes por non ter en conta a situación de escaseza de auga
Critican o investimento de preto de 700.000 euros na infraestrutura ornamental mentres se recomendan medidas de aforro e se rexistran cortes de subministración en parroquias
Monforte inicia mañá as súas Festas Patronais cun programa de música, tradición e actividades para todos os públicos
As celebracións prolongaranse ata o 16 de agosto con seis grandes concertos, o Día da Patroa, o tradicional Día do Gaiteiro, espectáculos de fogos artificiais e unha nova edición do festival “A Rúa é Vosa”




