As piscinas municipais da Pobra de Trives pecharán hoxe ás 18.00 horas polo eclipse solar

RibeiraSacraXa
O Concello adianta o peche das instalacións para que os traballadores municipais tamén poidan gozar do fenómeno astronómico previsto para esta tarde
trives_info
12 Aug 2026

O Concello da Pobra de Trives anuncia que as piscinas municipais pecharán hoxe, mércores 12 de agosto, ás 18.00 horas, antes do horario habitual.

A medida responde ao eclipse que terá lugar esta tarde, un fenómeno que o propio persoal municipal encargado das instalacións tamén poderá presenciar grazas a este adianto no peche.

Dende o Concello piden desculpas polas posibles molestias que esta modificación poida ocasionar aos usuarios e agradecen a comprensión dos veciños ante este cambio puntual no servizo.

0.13059401512146