Antonio Barros actúa en Chandrexa de Queixa con 'Baladas e Boleros' dentro do programa REAOU

As actividades culturais de verán na parroquia de Celeiros suman unha nova cita o vindeiro xoves 13 de agosto, ás 20.00 horas, no Edificio Multiusos de Celeiros, onde o artista Antonio Barros ofrecerá o espectáculo Baladas e Boleros.
Esta actuación enmárcase no programa ReaOu (Rede Provincial de Auditorios e Espazos Culturais), unha iniciativa da Deputación de Ourense en marcha dende 2017 que busca vertebrar e dinamizar a oferta cultural en toda a provincia mediante a cooperación cos concellos.
A cita, aberta a todos os públicos, forma parte da programación de verán que o Concello vén desenvolvendo en Chandrexa de Queixa para dinamizar a vida cultural da localidade durante os meses estivais.