A Panorama pon o broche de ouro ás Festas de Verán de Quiroga

As Festas de Verán de Quiroga chegaron ao seu fin coa actuación da orquestra Panorama, encargada de pechar cinco xornadas dedicadas á música e ao lecer no municipio.
O concerto, que comezou pasadas ás once da noite, formaba parte da xira 'Time Tour 2026' da formación, un espectáculo de gran formato que combinou música en directo, coreografías, pantallas de grandes dimensións e efectos especiais, ademais dun repertorio musical variado.
O recinto encheuse de público durante as horas que durou a actuación, nunha velada que, segundo se puido comprobar, se fixo curta para a maioría dos asistentes, que gozaron así do peche desta edición das festas veraniegas.