Deputación
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presenta en Intur a diversidade turística dos seus 67 concellos
A Deputación de Ourense prepara o inverno nas estradas cunha quitaneves máis e case 1.900 toneladas de sal repartidas pola provincia
A institución provincial pon en marcha entre o 15 de novembro e o 30 de abril un dispositivo contra o frío que combina maquinaria reforzada, almacéns de sal en nove puntos e axuda directa aos concellos das zonas máis afectadas pola neve
A Deputación de Ourense repite TERnadal, o seu programa de estadías termais polo Nadal contra a soidade non desexada
Tras unha primeira edición que superou as 1.900 pernoctacións, a provincia volve ofrecer axudas de ata 75 euros diarios para que as persoas maiores pasen as festas nos balnearios, con menús especiais e actividades pensadas para fomentar a compañía
A Deputación aproba a cesión dunha parcela ao Concello de Pantón para facilitar o acceso ao pantalán de Maiorga
O terreo, de 21.000 metros cadrados, permitirá facilitar o acceso a este espazo para executar o proxecto de mellora que tramita o Concello
O Mosteiro de San Pedro de Rocas acollerá o V Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia
O certame reunirá os días 19 e 20 de outubro medio centenar de profesionais da cociña das catro provincias galegas en plena Ribeira Sacra ourensá
A Deputación de Lugo cederá ao Concello de Pantón unha parcela para facilitar o acceso ao pantalán de Maiorga
O pleno provincial prevé aprobar a próxima semana o traspaso do terreo, situado nas proximidades da instalación fluvial municipal e necesario para garantir o acceso ao río Miño
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,15 millóns de euros para concellos e entidades da provincia
A Deputación de Lugo inicia a mellora de sete quilómetros da estrada que une Sober e Doade
A actuación na LU-P-5903 conta cun investimento de 185.000 euros e un prazo de execución de dous meses para renovar a drenaxe, reparar os danos e repavimentar a vía
Suspendida temporalmente a licitación do Náutico de Augas Mestas para aclarar consultas das empresas
A Deputación de Lugo asegura que o procedemento non está anulado e retomará a súa tramitación unha vez resoltas todas as dúbidas formuladas polos posibles licitadores
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense aproba 760.000 euros en axudas para concellos e entidades da provincia
A Deputación de Lugo e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia levaron a Quiroga un obradoiro para combater a desinformación
A iniciativa ofreceu ferramentas para identificar contidos falsos e facer un uso máis crítico da información
As Xornadas de Folclore levarán a música e a danza tradicional de seis países a 16 concellos da provincia de Ourense
A XLI edición reunirán 178 artistas procedentes de Armenia, Ecuador, Kenia, México, Serbia e Taiwán entre o 10 e o 20 de agosto
A Vicepresidencia da Deputación destinará 27.000 euros á mellora das instalacións deportivas do Baliño, en Pantón
Os traballos actuarán sobre o campo de herba natural e o anexo de céspede artificial, mentres a Vicepresidencia lembra a publicación provisional das axudas para clubs deportivos da provincia
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense reforza o programa EmprendOU en feminino con 150.000 euros
A iniciativa aumenta un 50% a súa dotación, eleva as axudas por beneficiaria e incorpora unha rede de apoio para o intercambio de experiencias e formación
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense mobiliza preto dun millón de euros en axudas a concellos, entidades e programas de benestar para maiores
Do total das achegas, 150.000 euros facilitarán a mellora de 70 fogares de persoas maiores en 28 concellos da provincia
A Deputación impulsa tres espazos estratéxicos na Ribeira Sacra para reforzar a candidatura a Patrimonio Mundial
A Xunta de Goberno inicia a concesión do embarcadoiro dos Chancís, instalacións en Maiorga e o náutico de Augas Mestas para atraer proxectos turísticos sostibles
A Deputación de Ourense realiza a maior aposta da súa historia polo terceiro sector, con máis de 460.000 euros en axudas
Trátase dun incremento orzamentario superior ao 70% respecto de convocatorias anteriores
GaliciaXa
A Deputación de Ourense impulsa unha formación en agricultura rexenerativa aplicada ao viñedo no marco dun proxecto europeo
A través do Inorde, a institución promove unha masterclass en Girona con prazas limitadas e inscrición aberta ata o 4 de xullo
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 1,2 millóns de euros para cooperación municipal e apoio a entidades
A Xunta de Goberno deste luns aprobou investimentos para concellos, tecido social, deportivo e económico, e reforza os servizos de emerxencias na provincia
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense coordina a distribución de 511 equipos de extinción de incendios
Os concellos rurais da provincia recibirán kits de intervención rápida para mellorar a resposta ante incendios forestais
Eventos
A Deputación de Lugo e o Concello De Ribas de Sil asinan un convenio para mellorar infraestruturas e servizos municipais
O acordo permitirá actuacións en mobilidade, alumeado, saneamento, abastecemento e equipamento público no municipio, cun investimento de 156.000 euros
A Deputación de Lugo apoia a XXII edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite De Ribas de Sil
A institución provincial achega 9.000 euros a través do Plan Único 2026 para unha cita que se celebrará esta fin de semana en San Clodio e reunirá máis de 25 expositores
A Deputación inviste preto dun millón de euros na mellora de estradas provinciais en Chantada
Carmela López supervisou distintas actuacións na rede viaria do municipio e destacou a importancia destes proxectos para mellorar a seguridade e contribuír a fixar poboación no rural
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense e Ribeira Sacra Next reforzan a colaboración e estudan unha futura cátedra de emprendemento vinculada ao territorio
O presidente provincial, Luis Menor, mantivo un encontro co responsable da asociación empresarial, Severino Rodríguez, para analizar novas liñas de cooperación e proxectos de impulso económico
GaliciaXa
A terceira edición do Programa de Fomento Deportivo da Deputación de Ourense aspira a chegar aos 92 concellos da provincia
O programa incrementa o seu orzamento ata os 100.000 euros e incorpora novas disciplinas como karate, tríatlon, rugby ou volei praia
O Concello de Taboada recibirá 250.000 euros da Deputación para as oobras de renovación da avenida de Lugo
A actuación cambiará completamente unha das arterias do municipio coa execución de beirarrúas, aparcamentos e pavimento da calzada
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa








