Deputación
A tempada de rutas fluviais pola Ribeira Sacra arranca con 15.453 reservas
A Deputación de Lugo deu comezo este sábado ás viaxes en catamarán cun incremento do 22% nas reservas con respecto ao ano pasado e coa expectativa de superar os 61.000 pasaxeiros en 2025
A Deputación de Ourense reivindica o potencial da provincia no eixo do turismo sostible
O presidente provincial participou nunha mesa de debate sobre turismo sostible, na que destacou os programas da Deputación en materia termal, así como outros atractivos da provincia, como a Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou a Vía da Prata
Entra en funcionamento a nova Oficina Única Virtual de Atención ao Cidadán da provincia de Ourense
Trátase dunha plataforma integrada que permite á cidadanía dirixirse á Deputación mediante teléfono, correo electrónico, SMS, web, WhatsApp ou redes sociais
Taboada rehabilitará a antiga Cámara Agraria grazas a unha achega de 138.000 euros da Deputación de Lugo
Grazas a este acordo “Taboada non só recuperará un edificio histórico, senón que tamén contará con un espazo útil no que poder organizar numerosas actividades para fomentar a convivencia ente os veciños e veciñas”, destacan dende a institución provincial
Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense destina 30.000 euros ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra
A Xunta de Goberno vén de aprobar máis de 168.600 euros para a cooperación con municipios e entidades provinciais
A Deputación de Ourense colabora cun total de 46 agrupacións de Protección Civil da provincia
Destináronse preto de 70.000 euros aos grupos de voluntarios de concellos como Pereiro de Aguiar, Cartelle, Manzaneda, Celanova e A Pobra de Trives, entre outros
RibeiraSacraXa | OurenseXa


