Deputación
Comezan os traballos de reparación na LU-P-4103 en Pantón tras o derrubamento dunha ladeira
A Deputación de Lugo inviste 600.000 euros nas actuacións, que consistirán na retirada de terra e pedras da calzada e as marxes, a creación dunha bancada para estabilizar a ladeira e o acondicionamento do firme
A alfarería de Niñodaguia busca o recoñecemento de Indicación Xeográfica Protexida
A Deputación de Ourense e o Concello de Xunqueira de Espadanedo traballarán para lograr este reoñecemento e fortalecer a identidade e a proxección da alfarería tradicional da Ribeira Sacra, evitando que se perda
A Deputación mobiliza máis de 423.800 euros en investimentos para 11 concellos e a mancomunidade da Comarca de Ourense
As actuacións benefician aos concellos de Beariz, Boborás, Castrelo de Miño, Cortegada, Cualedro, O Irixo, Lobeira, Montederramo, Riós, San Cibrao das Viñas e Vilar de Barrio, así como aos concellos da mancomunidade
A Deputación de Lugo anuncia o arranxo da LU-P-5301 entre o Val de Quiroga e Ourense
Con este novo proxecto, que está en fase de estudo, a estrada quedaría mellorada en practicamente todo o seu trazado
As rutas fluviais pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo estrean tempada con preto de 14.000 reservas
A institución provincial mantén as dúas rutas tradicionais, a do Canón do Sil e a do Cabo do Mundo, que suman xa unhas mil reservas na Semana Santa e que estarán activas até o mes de decembro
RibeiraSacraXa | OurenseXa
A Deputación de Ourense organiza un curso de poda rexenerativa dirixida aos viticultores da provincia
RibeiraSacraXa
A Deputación adxudica a mellora de sete quilómetros na LU-P-5903 entre Sober e Doade
Afectarán ao primeiro treito desta vía, entre o quilómetro 1,3 ao 8, e contarán cun prazo de execución de 2 meses
RibeiraSacraXa
Carmela López destaca o “carácter excepcional” da Ribeira Sacra e apela á colaboración para lograr o recoñecemento como Patrimonio Mundial
A presidenta da Deputación de Lugo fixo un chamamento ás institucións para sacar adiante unha candidatura que cualifica de “oportunidade histórica para que o mundo recoñeza oficialmente o valor universal deste territorio”
O Concello de Taboada asina un convenio coa Deputación de Lugo para mellorar a rede viaria
Taboada recibirá 50.000 euros para renovar maquinaria e acometer traballos de rexeneración no acceso ao lugar de Gulfar, en Xián, e na pista que conecta a estrada N-540 co lugar de Fontefría, en Torre
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
A Deputación de Lugo avanza na reapertura do complexo turístico de Augas Mestas
A institución provincial aprobou un novo investimento de 99.704 euros para o segundo lote do contrato de equipamento do complexo
A Deputación impulsa a mellora das infraestruturas deportivas da provincia
A institución provincial destina esta semana destina esta semana 42.000 euros a apoiar entidades culturais e deportivas e 610.200 euros á cooperación con concellos
A Deputación de Ourense abre un novo prazo de adhesión ao Plan de Lectura
Na primeira fase do programa xa se adheriron 85 concellos, e con esta ampliación poderán incorporarse tamén A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Entrimo, Manzaneda, Porqueira, Ramirás e Vilardevós
A Deputación de Ourense mobiliza máis de 260.000 euros en cooperación con varios municipios da provincia
Os beneficiarios destas achegas son de Castrelo de Miño, Entrimo, Avión, Boborás, Chandrexa de Queixa, Leiro, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio e Riós
A Deputación destina 250.000 euros ao Concello de Quiroga para mellorar estradas e servizos e dinamizar o turismo
Entre outras actuacións, melloraranse accesos nas parroquias de Nocedo, Quiroga e Quintá de Lor, onde tamén se acondicionará o local social de Margaride
A Deputación de Ourense garante o seu apoio ao Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra
O programa ten como obxectivo converter a Ribeira Sacra nun “territorio descarbonizado” en 2030
A Deputación de Lugo da luz verde a un acordo para impulsar o sector vitivinícola da provincia
A institución provincial financiará un proxecto de dixitalización estratéxico para a Denominación de Orixe Ribeira Sacra
35 concellos ourensáns recibirán axudas á adaptación funcional de vivendas de persoas maiores de 65 anos
Con estas achegas a Deputación atenderá o 100% das solicitudes presentadas, cun importe próximo a 100.000 euros
As axudas ás ANPAS da provincia de Ourense alcanzan os preto de 26.600 euros
As achegas están destinadas a financiar actividades relacionadas co remate do curso, campamentos de verán, talleres, deportes, xornadas de convivencia ou cultura
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
A Deputación triplica a contía das axudas para as asociacións veciñais da provincia de Ourense
Tamén se aprobou movilizar 431.468,38 á cooperación cos municipios da Veiga, Carballeda de Avia, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Cortegada, Taboadela e Viana do Bolo
A Deputación de Lugo mellorará seis estradas provinciais en Chantada
As actuacións contarán cun investimento total de máis de 278.300 euros
A Deputación de Lugo fomenta a proxección turística da Ribeira Sacra cunha achega de 25.000 euros
O presidente provincial, José Tomé Roca, asinou un acordo co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luís Fernández Guitián, para apoiar o desenvolvemento da súa actividade
O programa de fomento deportivo da Deputación de Ourense regresa en 2025 ampliando a cobertura xeográfica
O Goberno provincial aumenta ata 90.000 euros o investimento para este programa co obxectivo de achegar a práctica deportiva e fomentar a actividade física e os hábitos saudables en toda a provincia
A Xunta de Goberno da Deputación mobilizou máis de 1,2 millóns en axudas a entidades e concellos
No que atinxe á colaboración con diferentes entidades, destínanse 271.725 euros a axudas para a Asociación de Gandeiros Macizo Central (Agromacen), para O Gran Camiño e para a Estación de Inverno Manzaneda (Meisa S.A.)



