A Deputación de Lugo inicia traballos de estendido de aglomerado en estradas do Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos

A Deputación de Lugo iniciou o estendido de aglomerado nas obras de mellora do firme en varios tramos de estradas provinciais que discorren polos concellos do Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos.
Estas actuacións forman parte dun proxecto cun investimento de 118.000 euros, executado pola empresa FEVISA Vía e Obras SL, que inclúe melloras do firme e da sinalización horizontal en tres vías da rede provincial.
No caso da LU-P-4102, que comunica Ferreira con Currelos e enlaza a N-120 coa LU-611 á altura de Escairón, actúase na mellora de preto dun quilómetro de firme a partir do punto quilométrico 12, ademais da reposición das marcas viarias entre os puntos quilométricos 6,165 e 11,020.
O proxecto abrangue tamén a LU-P-3202, entre Monforte de Lemos e O Saviñao pasando por Currelos, e a LU-P-3208, que conecta Seoane con Pol a través de Cinsa.
As intervencións céntranse na mellora do estado do firme e da sinalización nas tres estradas.