O Concello de Taboada recibirá 250.000 euros da Deputación para as oobras de renovación da avenida de Lugo

RibeiraSacraXa
A actuación cambiará completamente unha das arterias do municipio coa execución de beirarrúas, aparcamentos e pavimento da calzada
Taboada-avenida-de-lugo
9 May 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou facer unha achega de 250.000 euros ao Concello de Taboada para colaborar cun proxecto que renovará a Avenida de Lugo, a antiga N-540. Trátase dunha das obras que cambiarán completamente unha das arterias do municipio, un dos principais accesos ao casco urbano e que canaliza boa parte do tráfico diario, conectando a vila con outras estradas comarcais.

Será unha renovación integral, que contempla a execución de beirarrúas, aparcamentos e pavimento da calzada. Ademais instalarase alumeado público, mobiliario urbano e humanizarase coa plantación de arborado. A Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destacoy que se trada dunha actuación “que esperamos que teña un impacto importante en Taboada porque na avenida se concentran boa parte dos servizos, actividade comercial e movemento cotiá do concello”, valorou a Deputada.

0.1177031993866