Deportes
O Clube Voleibol Ribeira Sacra logra presenza na Primeira División en todas as categorías inferiores
Os equipos alevín e cadete conseguiron a clasificación no Torneo de Apertura, mentres que os conxuntos B infantil e cadete ascenden á Segunda División
A Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel reúne 250 participantes na súa primeira edición
Javier Janeiro e Elena Castro gañaron a proba de 16 quilómetros, mentres que Marta Rivera e José Antonio Orozco se impuxeron nos 10 quilómetros
O CV Ribeira Sacra gaña nove dos dez partidos disputados na fin de semana
O club monfortino dá un paso cara á clasificación dos seus equipos de base para as Primeiras Divisións e o cadete accede á final da Copa Federación
As dez peñas do Real Madrid na provincia de Lugo reúnense por primeira vez nun encontro con 200 afeccionados
A xuntanza celebrouse no Pazo de Feiras e contou coa presenza de representantes do club e de antigos deportistas como Agustín Rodríguez, Chechu Biriukov e Alfredo Escobar
Chantada acollerá este domingo a primeira edición do Ciclocross Concello de Chantada
A proba, organizada polo Chantadino Master Team, será puntuable para o ranking da Federación Española de Ciclismo e contará con categorías masculinas e femininas
Pantón abre o prazo de inscrición para as actividades deportivas de outono
As persoas interesadas poderán apuntarse de xeito presencial na Casa da Cultura ata o vindeiro 25 de setembro
A II Quiroga Bike Marathon remata cun novo éxito de participación con 200 atletas
Os dous percorridos atravesaron algúns dos carreiros e paisaxes máis representativas do Concello
Chantada celebrará este sábado unhas primeiras olimpíadas dedicadas ao envellecemento saudable con máis de 200 participantes
O parque Eloísa Rivadulla será o escenario dunha xornada deportiva con probas físicas e cognitivas abertas a todas as idades, aínda que a maioría dos inscritos supera os 65 anos
Taboada acollerá o vindeiro sábado a 13ª edición dunha popular carreira co gallo do 'Entre Pazos e Carballos'
A proba, que forma parte do circuíto de carreiras populares Miño-Ulla, contempla distancias de 10 e 5 quilómetros, ademais de categorías escolares, e obrigará ao peche de varias rúas durante a tarde
Chantada abre a inscrición para as súas Escolas Deportivas Municipais, que comezan o 21 de setembro
O programa deportivo, dirixido a todas as idades, inclúe máis de vinte disciplinas e prolongarase ata o remate do curso escolar
A asociación Cultural Segredos de Pantón organiza unha ruta de sendeirismo con parada nunha mina e un antigo priorado
A actividade percorrerá uns 6 quilómetros polo contorno fluvial e terá un custo simbólico, con acceso de balde para os menores de 12 anos
Monforte pechará varias rúas do centro este domingo por unha carreira solidaria contra o cancro
A proba percorrerá distintas rúas do casco urbano entre as 11.30 e as 13.30 horas aproximadamente, cun dispositivo especial de tráfico para garantir a seguridade das persoas participantes
A Pobra do Brollón reforza a súa aposta polo voleibol cun novo convenio de colaboración
O acordo pon en marcha unha escola deportiva de voleibol dirixida ao alumnado do colexio do municipio, nunha tempada que arrinca con dez equipos federados e o obxectivo de superar os 150 participantes do curso anterior
A Mancomunidade Santa Águeda organiza un curso gratuíto de defensa persoal feminina en Amoeiro e A Peroxa
A actividade, dirixida a mulleres sen necesidade de experiencia previa, desenvolverase en dúas sesións o vindeiro sábado 26 de setembro nos pavillóns municipais de ambos os dous concellos
Monforte de Lemos celebrará o 13 de setembro a V Carreira e Andaina contra o Cancro
O Concello colabora na organización desta proba solidaria de 5 quilómetros polo centro urbano da cidade
O Pereiro de Aguiar acolle unha xornada de portas abertas de ximnasia rítmica para nenas e nenos desde os 3 anos
A actividade, dirixida a cativos e cativas a partir dos 3 anos, celebrarase pola tarde no polideportivo municipal e busca achegar este deporte á xente máis nova
Taboada celebrará o vindeiro 26 de setembro unha nova edición da súa Carreira Popular
O evento contará con tres probas diferentes, entre elas unha carreira absoluta de 10 quilómetros, e as inscricións xa están abertas
Eventos
Monforte abre as inscricións das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación con 574 prazas dispoñibles
O prazo para solicitar praza nas oito actividades deportivas municipais ábrese o 7 de setembro, mentres que a Piscina Climatizada oferta 264 prazas repartidas en 26 grupos de natación
O Pavillón Municipal de Chantada renova a súa fachada e arranxa desperfectos tras o verán
As instalacións deportivas municipais seguen cun plan de actualización que inclúe traballos estéticos e de mantemento, ademais de tarefas previas ao cambio de tempada na piscina climatizada
Álex Losada afronta o seu sexto Mundial de taekwondo, esta vez con dous dos seus alumnos: “Vai ser unha experiencia moi enriquecedora"
O deportista monfortino, tres veces campión de Europa, competirá na categoría sénior, mentres Mateo Fernández e Brais Lombardero debutarán no Mundial nas categorías júnior e cadete
A Pobra do Brollón celebrará o V Trail e Andaina Capela San Vitorio o 6 de setembro
A proba ofrecerá percorridos de trail de 28 e 14 quilómetros e dúas modalidades de andaina de 14 e 9 quilómetros
O CB Lemavos abre a inscrición para a nova tempada con equipos desde a categoría Baby ata Cadete
O club manterá aberto o prazo ata finais de setembro e incluirá gratuitamente a equipación oficial de xogo coa cota de inscrición
O CV Emevé incorpora o colocador Daniel Pena Mariño para a tempada 2026/27
O xogador, de 17 anos e 1,89 metros, chega ao equipo lucense tras conseguir este verán o bronce coas selección española no WEVZA U19
Derradeiros días para anotarse na II Courel Mountain Running
A proba, que se disputará o 29 de agosto pola Serra do Courel, será tamén sede do XVIII Campionato Xunta de Galicia de Trail Running










