Educación
O IES Val do Asma de Chantada acolle un taller de regueifas para achegar a tradición oral ao alumnado
A actividade busca fomentar a expresión oral e os valores democráticos entre o alumnado de 1º da ESO, e replicarase proximamente noutros dous centros da provincia
Esperta Monforte propón crear un consello escolar municipal e reclama unha escola infantil pública na cidade
O grupo municipal presenta dúas mocións ante o Pleno: a posta en marcha dun órgano estable de participación da comunidade educativa e a reclamación conxunta dunha praza pública de 0 a 3 anos ante a falta de oferta suficiente na localidade
Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil impulsan o uso do galego na educación, o comercio e a tecnoloxía
Un programa conxunto desenvolvido entre agosto e mediados de outubro combina unha campaña comercial, obradoiros escolares, unha recuperación da tradición oral e unha ferramenta dixital para fomentar o uso da lingua no territorio
A exposición itinerante 'Galegoza. A canción en galego' chega ao CPI San Tomé do Carballo de Taboada
A mostra, formada por 30 paneis e unha lista de reprodución propia, repasa a evolución da música en galego desde os anos sesenta ata a actualidade
Cinco estudantes do IES Río Cabe levan a Monforte o título nacional de Educación Financeira
O equipo monfortino venceu na categoría xuvenil do concurso ‘Finanzas Para Todos’ nunha final celebrada no Palacio da Bolsa de Madrid con representación exclusivamente galega
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia o proxecto Coa Educación por Diante 2026 de Fapacel
Sober habilita o prazo para pedir axudas destinadas a libros e material escolar
O municipio lucense destina estas subvencións ao alumnado de Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Bacharelato e universidade, con contías de ata 250 euros
Montederramo abre o prazo para solicitar axudas de ata 70 euros por alumno para a compra de material escolar do curso 2026-2027
As familias con fillos en Infantil, Primaria ou ESO empadroados no municipio poderán pedir unha subvención para libros e material escolar durante un mes desde a publicación do extracto no BOP de Ourense
Ábrese unha nova convocatoria para acreditar o nivel de lingua galega mediante os certificados CELGA na Pobra de Trives
As probas dos niveis 2, 3 e 4 poderanse realizar en novembro en tres localidades, cun prazo de inscrición de 15 días hábiles
O Pereiro de Aguiar terá o seu primeiro instituto de secundaria, con máis de 5.500 metros cadrados e capacidade para 370 alumnos
O proxecto, que sae mañá a licitación cun investimento superior aos 11 millóns de euros, contempla oito aulas de ESO e catro de Bacharelato, ademais de espazos especializados e zonas exteriores adaptadas ao terreo
Xunqueira de Espadanedo abre as axudas para material escolar de Infantil con 80 euros por alumno
As familias con fillos matriculados no segundo ciclo de Educación Infantil disporán dun mes para presentar as súas solicitudes de xeito telemático
O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda estrea curso con case medio cento de escolares
O centro educativo suma matrícula por terceiro ano consecutivo, o que levou a desdobrar unha das aulas de Infantil e a reforzar o cadro docente
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Arranca o curso escolar na provincia con 32.500 alumnos en Infantil e BAC
GaliciaXa
Julio Díaz, ex presidente de ANPE: “Cada vez hai menos persoas que defenden a ensinanza pública, centrados no interese político e persoal”
Julio Díaz Escolante, presidente da Asociación Nacional de Profesionales da Ensinanza (ANPE) de Galicia durante 19 anos, xubílase tras 32 anos de sindicalismo educativo
A Casa da Música de Chantada abre a matrícula do curso 2026-2027 cunha nova especialidade de DJ e sonorización de eventos
A entidade musical do concello pon en marcha o proceso de inscrición para o vindeiro curso, cun número limitado de prazas e distintas vías para formalizar a matrícula
GaliciaXa
A eclipse de Lúa do día 28 chegará ao momento de máxima ocultación ás 6.13 horas
Ao contrario do que sucede coas eclipses solares, non é necesario protexer a nosa visión para a súa contemplación, explica o coordinador do Observatorio da USC, José Ángel Docobo
O IES A Pinguela rende homenaxe a Enrique Sampil con motivo da súa xubilación
O docente formou parte do centro desde a súa inauguración en 1983 e exerceu como director durante os últimos 26 anos
GaliciaXa
As novas axudas para comedores escolares poderán solicitarse entre o 6 de xullo e o 6 de agosto
As bolsas, de 150€, van dirixidas a usuarios de comedores xestionados por anpas, concellos e centros concertados con rendas de ata 6.000€ per cápita
“Palabra no tempo” reúne alumnado, familias e veciñanza en Folgoso do Courel arredor do patrimonio léxico local
O proxecto do CPI Poeta Uxío Novoneyra documentou máis de 370 palabras e foi recoñecido con premios de innovación educativa e dinamización lingüística
Eventos
GaliciaXa
O 19 de marzo e o 17 de maio serán festivos en Galicia en 2027
O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que determina as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o próximo ano
Arredor de 240 nenas e nenos terán acceso gratuíto á educación infantil na zona sur de Lugo
O vindeiro curso será o quinto no que a educación infantil de 0 a 3 anos será gratuíta en toda a comunidade
A Xunta premia os 20 mellores proxectos científicos sobre o eclipse do alumnado galego
Os proxectos premiados abranguen traballos de divulgación científica, investigación, observación astronómica e didáctica das ciencias elaborados nos centros educativos
O Conservatorio Municipal de Música Mestre Ibáñez celebra o seu 25 aniversario
O evento reuniu a alumnado, exalumnado, profesorado, familias e representantes institucionais nunha xornada marcada polos recordos e o recoñecemento ao traballo desenvolvido durante estes vinte e cinco anos
O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou a Semana do Medio Ambiente con actividades sobre educación ambiental
Os alumnos convertéronse en axentes ambientais asumindo o papel de supervisores de diferentes situacións simuladas de posible infracción ambiental
Ángela Álvarez, do IES A Pinguela, gaña a fase provincial do concurso literario “Carta a un militar español”
O certame, organizado pola Subdelegación de Defensa de Lugo, propón ao alumnado reflexionar e investigar sobre a historia e os valores vinculados ás Forzas Armadas
GaliciaXa
A PAU arranca hoxe en Galicia con 13.441 estudantes matriculados
As probas celébranse nas facultades das principais cidades galegas e ademais, tamén hai sedes habilitadas en institutos de Cee, Viveiro e A Rúa







