A Escola Infantil de Sober abre un período extraordinario de matrícula con prazas dispoñibles en dúas aulas

A Escola Infantil de Sober vén de abrir un prazo extraordinario de reserva de matrícula co obxectivo de cubrir as prazas vacantes dispoñibles para o próximo período lectivo. O prazo permanecerá aberto ata o 7 de agosto.
Neste momento existen prazas libres nas aulas destinadas a nenos e nenas de 0 a 1 anos e tamén no tramo de 2 a 3 anos, polo que as familias interesadas poden presentar as súas solicitudes dentro do período establecido.
A medida busca completar a oferta educativa do centro e facilitar o acceso á escolarización temperá no municipio.