Ángela Álvarez, do IES A Pinguela, gaña a fase provincial do concurso literario “Carta a un militar español”

RibeiraSacraXa
O certame, organizado pola Subdelegación de Defensa de Lugo, propón ao alumnado reflexionar e investigar sobre a historia e os valores vinculados ás Forzas Armadas
angela-ganadora-certame-forzas-armadas-a-pinguela
3 Jun 2026

Ángela Álvarez, alumna de 1º de Bacharelato de Humanidades do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, proclamouse gañadora da fase provincial do 13º concurso literario “Carta a un militar español”, organizado pola Subdelegación de Defensa de Lugo.

O acto de entrega do diploma e do premio tivo lugar no Vello Cárcere, onde se recoñeceu a estudante polo seu traballo, nunha edición que este ano leva por lema “PLUS ULTRA. A audacia que cruza horizontes”.

O certame propón ao alumnado reflexionar e investigar sobre a historia e os valores vinculados ás Forzas Armadas, tomando como referencia episodios como o voo do hidroavión Plus Ultra, que hai case cen anos permitiu a catro aviadores españois cruzar o Atlántico desde España ata Sudamérica. Unha fazaña que, segundo se destacou no concurso, simboliza valores como o esforzo, o traballo en equipo e a superación de desafíos.

0.1169011592865