O colexio Ben-Cho-Shey amplía as súas instalacións cun investimento de máis de 2 millóns de euros

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O centro incorpora novas aulas e espazos para atender ao preto de 300 alumnos e alumnas matriculados, mentres avanza o proxecto do futuro instituto do municipio
colexio-ben-cho-shey
15 Sep 2026

O colexio público Ben-Cho-Shey, situado no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, segue medrando grazas a un proxecto de ampliación que suma novas aulas e espazos, ademais de diversas melloras nas súas instalacións. A actuación ten como obxectivo dar resposta ás necesidades actuais da comunidade educativa, formada por preto de 300 alumnos e alumnas.

Esta ampliación conta cun orzamento de investimento que supera os 2 millóns de euros e enmárcase dentro das actuacións que se están a impulsar para mellorar as infraestruturas educativas do municipio.

Paralelamente, tamén avanza o proxecto do futuro instituto do Pereiro de Aguiar, unha infraestrutura que permitirá que o municipio conte cunha oferta educativa pública e gratuíta que abranga todas as etapas, dende os 0 até os 18 anos.

Con estas actuacións, aségurase que se segue a traballar para garantir uns servizos públicos de calidade e para mellorar as condicións educativas das familias do municipio.

0.12123513221741