O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou a Semana do Medio Ambiente con actividades sobre educación ambiental

RibeiraSacraXa
Os alumnos convertéronse en axentes ambientais asumindo o papel de supervisores de diferentes situacións simuladas de posible infracción ambiental
semana-do-medio-ambiente-cceiip-boveda
5 Jun 2026

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrou a Semana do Medio Ambiente con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, cunha programación centrada na concienciación ecolóxica e na educación ambiental do alumnado.

Entre as actividades previstas figuraba a realización dun roteiro medioambiental en colaboración con axentes forestais na área recreativa do Mao. Porén, as condicións meteorolóxicas adversas obrigaron a modificar a actividade, que finalmente se desenvolveu nas instalacións do propio centro educativo.

Durante a xornada, o alumnado participou nunha proposta didáctica na que se converteron en “axentes ambientais”, asumindo o papel de supervisores de diferentes situacións simuladas de posible infracción ambiental. Entre os escenarios recreados incluíanse accións como a pesca de exemplares sen cumprir as medidas establecidas, a corta ilegal de árbores, prácticas de caza non autorizadas ou situacións relacionadas con incendios.

Os estudantes tiveron que analizar cada caso, solicitar a documentación correspondente e decidir, segundo o suposto, se procedía a interpoñer denuncia, favorecendo así o coñecemento das normas básicas de protección do medio natural e a importancia do seu cumprimento.

0.12310194969177