Turismo
O programa Descubrir Quiroga continúa en agosto e setembro con varias propostas para descubrir o patrimonio local
O programa inclúe actividades como unha ruta en Segway, unha experiencia no Val da Seara e unha proposta sobre tradicións e cultura das montañas, mentres que as dúas actividades de barranquismo xa están completas
Monforte reafirma a súa aposta polo turismo de calidade cos distintivos Q para catro espazos turísticos
A Xunta recoñece a calidade da Oficina de Información Turística, o Miradoiro do Duque, a Torre da Homenaxe e o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra
O Xeoparque Montañas do Courel programa rutas guiadas e obradoiros de natureza para o outono
A Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Iribio e Courel organiza entre setembro e novembro unha nova edición de 'Actividades na Biosfera', con saídas para observar fauna, itinerarios xeolóxicos guiados e propostas sobre apicultura, coas inscricións abertas dende o 1 de setembro
Ribas de Sil organiza unha cata de viños por parellas o 14 de agosto
A actividade terá lugar no salón de actos e busca achegar aos participantes ao recoñecemento e aprecio dos viños
A Deputación de Ourense impulsa un programa para promover o turismo familiar en 33 concellos da provincia
“Ourense Familiar” reúne un total de 63 experiencias e cinco paquetes turísticos, superando a previsión inicial de incorporar medio cento de propostas
Pereiro de Aguiar terá un papel clave no proxecto EMICOU para impulsar a mobilidade sostible cara á Ribeira Sacra
O municipio contará cun centro de recepción de visitantes en Cachamuíña e participará na nova rede de vehículos eléctricos que conectará a estación do AVE coa Ribeira Sacra
Chantada volverá contar este verán cun servizo gratuíto de lanzadeiras á Praia da Cova con parada en Portotide
O transporte funcionará do 18 de xullo ao 6 de setembro, os venres, sábados e domingos, para facilitar o acceso aos principais recursos turísticos e evitar problemas de aparcamento
O programa “Descubrir Quiroga” achegou aos participantes aos museos da vila e promoveu unha experiencia de benestar na natureza
As actividades da fin de semana incluíron visitas ao museo xeolóxico e etnográfico, ademais dunha xornada de “Paseos Conscientes” pola contorna do río Quiroga
O programa “Descubrir Quiroga” continúa este sábado cun roteiro interpretado por Montefurado
Baixo o título “Montefurado, aceite e viño”, a proposta combinará o percorrido guiado coa realización de dúas catas
O programa “Descubrir Quiroga” propón tres actividades durante o mes de xuño
A primeira delas será o día 21 cunha ruta titulada “Montefurado: Aceite e Viño”
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Abriuse o prazo para participar nos Premios á Excelencia do Turismo e da Gastronomía da Deputación de Lugo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
O PP acusa ao goberno da Deputación de "falta de estratexia turística"
Antonio Ameijide explica que “o pasado venres aprobaron en xunta de goberno un programa que carece de ambición, que non foi abordado no Consello Provincial de Turismo
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación participa nas feiras turísticas de Amarante e Bilbao
AMariñaXa | RibeiraSacraXa | OurenseXa
Comeza a venda de billetes do trens turísticos das rutas dos Faros, Monterrei ou Ribeira Sacra
Xa están dispoñibles as novas guías turísticas do Concello de Taboada
Trátase dun proxecto que busca mellorar a información dispoñible para visitantes e poñer en valor os recursos do territorio
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
130 persoas participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia
Durante o resto da semana, colectivos de Lugo, Taboada e Xermade viaxarán á Ribeira Sacra, á Mariña e á Montaña
Chantada prepárase para a eclipse de agosto cun intenso programa de actividades arredor do astroturismo
Haberá xornadas, obradoiros, actividades de observación e charlas sobre astronomía
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Arranca unha nova edición do programa Coñece a túa provincia con 84 viaxes programadas
Deseñado pola Deputación no 2021, está dirixido a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia para fomentar o turismo de proximidade
As rutas fluviais pola Ribeira Sacra da Deputación de Lugo estrean tempada con preto de 14.000 reservas
A institución provincial mantén as dúas rutas tradicionais, a do Canón do Sil e a do Cabo do Mundo, que suman xa unhas mil reservas na Semana Santa e que estarán activas até o mes de decembro
A Pobra de Trives estrea un tótem para dar a benvida á Ribeira Sacra
A instalación, con forma de porta, simboliza o acceso a este territorio
A campaña de inverno da Ruta do Viño Ribeira Sacra comezou cun gran éxito de participación
O lanzamento, que tivo lugar este pasado sábado, colgou o cartel de “aforo completo”
A Oficina Municipal de Turismo de Chantada superou os 5.300 visitantes en 2025
Agosto mantívose como o mes con maior afluencia, con 1.273 visitantes
Quiroga impulsa unha campaña para promover as visitas ás adegas do Xeoparque Montañas do Courel
A través desta iniciativa, a Concellería de Turismo de Quiroga busca promocionar as adegas da zona
Os Entroidos do Oriente Ourensán preséntanse en Fitur tras ser declarados Festa de Interese Turístico Nacional
A declaración conxunta, que inclúe os entroidos tradicionais de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, recoñece a singularidade e o valor patrimonial destas festas.
A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebra o décimo aniversario da súa oficialidade como roteiro xacobeo
A asociación presentou en Fitur un vídeo corporativo no que se avanzan os obxectivos para os vindeiros anos, centrados fundamentalmente na mellora da experiencia dos peregrinos
GaliciaXa
A Ribeira Sacra presenta en Fitur a súa candidatura a Patrimonio Mundial
Tanto dende a Xunta como dende a Delegación do Goberno en Galicia amosaron a súa total confianza para que a candidatura saia adiante
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Deputación de Lugo presentará en Fitur unha nova campaña de aposta pola riqueza ambiental
A presidenta, Carmela López, presentará o venres no stand de Galicia unha nova proposta que reivindica o valor das súas Reservas da Biosfera e o potencial dun territorio que aposta pola conservación e o desenvolvemento equilibrado


