O programa “Descubrir Quiroga” pechará o mes de xullo coa estrea do roteiro da Toca

RibeiraSacraXa
A actividade, prevista para o 26 de xullo, permitirá coñecer a historia da siderurxia do ferro a través dun itinerario con dez paradas en distintos enclaves históricos do municipio
mina-da-toca-courel-piñeira
Mina da Toca
23 Jul 2026

O programa de dinamización turística “Descubrir Quiroga”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Quiroga en colaboración coa Deputación de Lugo, despedirá a programación do mes de xullo coa presentación dun novo roteiro interpretativo dedicado á historia da siderurxia do ferro na comarca.

A actividade celebrarase o vindeiro 26 de xullo e servirá para dar a coñecer o roteiro da Toca, un itinerario que percorre algúns dos espazos máis representativos vinculados a esta actividade histórica.

O percorrido consta de dez paradas en diferentes puntos de interese patrimonial, entre os que se atopan a Casa da Toca, o Castro de Barreiro e a Ferrería da Rodela, co obxectivo de achegar aos participantes á importancia que tivo a siderurxia do ferro nesta zona.

As persoas que desexen participar nesta actividade gratuíta poden formalizar a súa inscrición a través da Oficina de Turismo de Quiroga, chamando ao teléfono 982 435 125 ou enviando un correo electrónico a turismo.quiroga@eidolocal.es.

0.12379884719849