Novas de A Pobra de Trives
O Concello da Pobra de Trives desenvolve traballos de desbroce e limpeza en diferentes zonas do municipio
As actuacións desenvolvéronse durante a semana en núcleos urbanos, espazos públicos e vías co obxectivo de mellorar o mantemento, a seguridade e a prevención de incendios
A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos organiza unha xornada formativa o 4 de xullo en Maceda e A Pobra de Trives
A actividade inclúe visitas técnicas e un xantar de irmandade con inscrición obrigatoria previa
O Concello da Pobra de Trives denuncia a exclusión do seu proxecto do Plan Corresponsables 2026 por falta de crédito
O goberno local cualifica de “difícil de entender” a decisión da Xunta, pese a que o programa foi considerado subvencionable, e reclama ampliar os fondos para financiar todos os proxectos aprobados
Activada a alerta laranxa por fortes chuvias na montaña de Lugo e Ourense e no sur lucense
Segundo os datos da AEMET, durante a xornada deste mércores espéranse acumulacións de ata 30 litrosor metro cadrado nun período dunha hora nas áreas afectadas
Grandes resultados dos atletas da Pobra de Trives na Copa Deputación de Atletismo
O club acadou varias medallas de ouro, prata e bronce en probas de lanzamento e relevos, nunha competición que destacou o talento do deporte base local
A Xunta e o Goberno confían na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial tras un informe de Icomos
As dúas administracións consideran que o informe de avaliación contén elementos favorables e confían en seguir defendendo a proposta ata a decisión final da Unesco
A Fundación Artesanía de Galicia achega o oficio tradicional dos zocos ao alumnado do CEIP Manuel Bermúdez Couso de A Pobra de Trives
A actividade enmárcase no programa “Artesanía na Escola”, que busca divulgar os oficios artesanais e poñer en valor o traballo feito á man entre o alumnado galego
A Estación de Montaña de Manzaneda volverá ser o punto de encontro da reunión anual de AGAFAN
Máis dun cento de persoas participarán na “Quedada Familiar” da Asociación Galega de Familias Numerosas polo Día Internacional das Familias
A Pobra de Trives acolle un torneo de xadrez polo Día das Letras Galegas
A cita está organizada pola ANPA do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez e desenvolverase este domingo, 17 de maio
O alumnado da Pobra de Trives achegouse á construción de instrumentos tradicionais a través do programa Artesanía na Escola
A actividade estivo a cargo do artesán Xosé Manuel Sanín, responsable do obradoiro Sanín Percusión Tradicional, de Santiago de Compostela
O BNG da Pobra de Trives critica a falta de plenos ordinarios no Concello
Critican que dende o Goberno municipal levan arredor dun ano sen convocar sesións plenarias ordinarias e piden cumplir coa normativa
Os centros de Trives e Xinzo, recoñecidos pola súa atención domiciliaria e accesibilidade nos Premios aos Plans Locais de Saúde
A Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras ten previsto completar este ano a implantación dos Plans Locais de Saúde en todos os seus centros de atención primaria
O Goberno inviste 9 millóns de euros en actuacións de restauración forestal na provincia de Ourense tras os incendios
Son un total de 12 actuacións en 27 municipios da provincia afectados polos grandes incendios do pasado verán
A Pobra de Trives acolle un obradoiro de Cantos de Taberna este sábado
A cita está organizada pola Asociación Cultural A Caniceira e será impartida polo compositor, guitarrista e cantante, Brais Morán
O PSdeG pide á Xunta “readaptar con urxencia” o transporte por autobús nas comarcas do oriente ourensán
Celebran a recuperación das paradas na Gudiña pero piden “conexións reais” cos novos horarios do AVE para as zonas de Verín, Valdeorras, Viana e Trives
A Pobra de Trives acolle este venres o ciclo “Ecos de Igualdade – Hora Violeta”
O público poderá achegarse a unha serie de propostas visuais que reflexionan sobre a igualdade
A Pobra de Trives estrea un tótem para dar a benvida á Ribeira Sacra
A instalación, con forma de porta, simboliza o acceso a este territorio
O Concello da Pobra de Trives ampliou a liña amarela na zona da Igrexa
A medida busca mellorar o paso de peóns nesta área
A Deputación de Ourense abre a porta a ampliar prazas do programa EsquiOU
O programa acadou este ano un récord de participantes, con 1.050 prazas cubertas e superando todas as expectativas
A provincia de Ourense mantén a alerta polas crecidas dos ríos
Pídese á cidadanía extremar as precaucións especialmente polas incidencias na rede viaria e faise un chamamento a evitar achegarse ás marxes fluviais
A provincia de Ourense permanece en alerta polo estado da rede viaria a causa das intensas choivas
As autoridades advirten dun aumento significativo dos caudais e piden aos condutores precaución ante o estado actual das estradas na provincia e posibles novos asolagamentos
O Concello da Pobra de Trives activa unha campaña solidaria tras o incendio do pasado domingo nunha vivenda do municipio
Desde o Concello proporcionarán á familia afectada material escolar, roupa e útiles básicos, e tamén articularán unha axuda económica.
A Xunta activa en Ourense un amplo dispositivo invernal para garantir a mobilidade na rede autonómica de estradas
Este dispositivo conta con cinco centros operativos distribuídos pola provincia, equipados con máis de 2.000 toneladas de fundentes para facer fronte á neve e ao xeo
A Pobra de Trives celebra esta fin de semana a Festa do Chourizo de Vilanova
Haberá misas, procesións, pasarrúas e unha festa a cargo do grupo Takicaardia e Dj Bady




