A Pobra de Trives mellora o alumeado rúa Fray Caetano e na zona do pavillón

RibeiraSacraXa
Os traballos buscan reducir o consumo eléctrico e os custos de mantemento, contribuíndo tamén a diminuír as emisións e a avanzar cara a un modelo enerxético máis respectuoso co medio ambiente
obras-alumeado-trives
27 Jun 2026

O Concello da A Pobra de Trives está a traballar na rúa Fray Caetano, nos seus arredores e na zona do pavillón para a instalación de novas farolas solares.

As novas luminarias permitirán mellorar a iluminación destes espazos dunha maneira máis eficiente e sostible. Ao funcionar con enerxía solar, reducirán o consumo eléctrico e os custos de mantemento, contribuíndo tamén a diminuír as emisións e a avanzar cara a un modelo enerxético máis respectuoso co medio ambiente.

Esta actuación permitirá dar solución a varios puntos que presentaban problemas de iluminación, co obxectivo de mellorar a seguridade e o confort da veciñanza e das persoas usuarias destes espazos.

O proxecto conta coa colaboración e financiamento do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e, segundo se indica, reflicte o compromiso coa mellora continua dos servizos e das infraestruturas municipais.

0.093255996704102