Novas de A Pobra de Trives
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
A Pobra de Trives comeza o ano cun Concerto de Reis
Será este sábado na Casa da Cultura a cargo do Orfeón Trivés
A Pobra de Trives prepara unha semana cargada de actividades para o Nadal
Haberá obradoiros, deporte, visitas de Papá Noel e os Reis Magos, música e unha excursión a Pazolandia
A Pobra de Trives incorpora nova maquinaria para reforzar a prevención de incendios
O novo tractor recibido polo Concello facilitará a mellora dos traballos de limpeza, mantemento e conservación do territorio
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
85 persoas de zonas rurais de Lugo e Ourense recibiron a titulación oficial en axuda a domicilio grazas ao programa Foadom
O proxecto está orientado a facilitar a incorporación ao mercado laboral de mulleres con cargas familiares
Máis de 1.000 escolares da provincia de Ourense participaron en actividades de formación sensibilización sobre incendios forestais
As acción desenvolvéronse en centros educativos dos concellos de Castro Caldelas, O Barco de Valdeorras, Ourense e A Pobra de Trives
A Pobra de Trives acolle unha charla coa escritora Coral Herrera co gallo do 25N
A autora ofrecerá unha conferencia titulada “A Revolución amorosa e outras formas de quererse” na tarde deste martes 25 de novembro no Auditorio Xulio Vázquez
Activado o Plan de Vialidade Invernal na provincia de Ourense
A plan permitirá arantir a seguridade nos 1.000 quilómetros de vías provinciais con risco de neve e xeo
A Plataforma Sanitaria de Valdeorras pon autobuses gratuítos desde Manzaneda e Trives para asistir á manifestación deste sábado
A mobilización terá lugar no Barco e busca reivindicar a mellora da atención nesta área sanitaria
A Pobra de Trives acollerá unha charla para afondar na realidade das mulleres palestinas
A cita terá lugar este luns, 10 de novembro, e contará coa participación de Hanan Kaoud, concelleira de Ramala
O PSdeG-PSOE de Ourense constitúe a súa coordinación rexional en Trives-Caldelas de cara ás eleccións de 2027
A coordinadora, encabezada por Sara Inés Vega Núñez, buscará reforzar a estrutura local municipio a municipio, mantendo as alcaldías actuais, así como ampliar a súa representación en municipios como Montederramo, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira
A Deputación de Ourense abre un novo prazo de adhesión ao Plan de Lectura
Na primeira fase do programa xa se adheriron 85 concellos, e con esta ampliación poderán incorporarse tamén A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Entrimo, Manzaneda, Porqueira, Ramirás e Vilardevós
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra organiza un curso de orientación en montaña en Manzaneda e A Pobra de Trives
Os participantes aprenderán a ler o terreo, trazar rutas e manter a calma ante situacións de desorientación
A Pobra de Trives conmemorará o Día Internacional da Muller Rural cun encontro feminista no Auditorio
Será este mércores, 15 de outubro, e servirá para poñer en valor o papel das mulleres rurais en favor da cultura, a arte ou educación
O cine de autor regresará á Pobra de Trives este sábado da man do director Alber Ponte
O Auditorio Julio Vázquez acollerá proxección da curtametraxe muda ‘Sin parangón’ e, ao rematar, a veciñanza poderá formar parte da secuencia final da nova película do director
A Pobra de Trives inaugurará este sábado a mostra ‘Fiando soños’
A exposición reúne pezas creadas pola artista e docente Chelo Diéguez xunto co seu alumnado en programas de inserción social
A Deputación de Ourense mobiliza 1,58 millóns en axudas a concellos e entidades sociais
No ámbito municipal, asignáronse 743.969,47 euros para obras e servizos nos concellos de Vilamarín, A Veiga, Ribadavia, A Pobra de Trives, Petín, Pereiro de Aguiar, Esgos, Boborás, Beade e Os Blancos
A Pobra de Trives organiza unha actividade sobre alimentación e saúde feminina
Terá lugar esta tarde na Sala Blanca de Santa Leonor e está aberta a mulleres de todas as idades
A Pobra de Trives acollerá unha ruta pola Mina de Ouro Romana dos Biocos
Será unha oportunidade para desfrutar da natureza, da cultura e da gastronomía
Pedro Blanco garante o apoio do Goberno central na loita contra os incendios
O delegado do Goberno reitera que o compromiso é atender todas as necesidades “cos medios que sexa necesario e de xeito inmediato”
O incendio de Larouco convértese no máis grande da historia de Galicia con 20.000 hectáreas calcinadas
O lume, que se propagou por numerosos concellos ourensáns e afecta tamén ao municipio de Quiroga, supera xa ao de Chandrexa de Queixa, que leva arrasadas 17.500 hectáreas, mentres que o do Oímbra convértese no terceiro maior da historia da comunidade, afectando a 15.000 hectáreas
O incendio en Larouco alcanza Quiroga e obriga a desaloxos preventivos
Veciños de varias parroquias reciben atención no albergue e pavillón municipal mentres o lume continúa expandíndose
Con 16.000 hectáreas calcinadas, o incendio de Chandrexa de Queixa é xa o máis grande da historia de Galicia desde que hai rexistros
O lume avanza sen control e afecta tamén aos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza




