A Pobra de Trives comeza o ano cun Concerto de Reis

O Concello da Pobra de Trives presenta o tradicional Concerto de Reis do Orfeón Trivés, que terá lugar o sábado 3 de xaneiro ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
A actuación forma parte do programa de Nadal posto en marcha dende o Concello e será unha oportunidade para dar a benvida ao 2026 con música, nun ambiente de confraternidade entre a veciñanza que queira asistir, con entrada libre e aberta a todo o público.