O Club Deportivo Trives celebrou a súa xuntanza anual cunha xornada de deporte e convivencia

O Club Deportivo Trives celebrou a súa xuntanza anual nunha xornada marcada pola convivencia e a práctica deportiva, na que participaron xogadores de distintas xeracións da entidade.
Ao encontro asistiron a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, e os concelleiros Fermín Santoveña, Javier Rodríguez e Rubén Pérez, que acompañaron aos integrantes do club durante a celebración.
Durante a xornada, os máis novos da entidade deportiva participaron en diferentes actividades lucindo camisetas coas cores do club, un agasallo realizado polo Concello como mostra de apoio ás novas xeracións de deportistas.
Ao mesmo tempo, os xogadores veteranos tiveron a oportunidade de disputar un encontro no novo campo do Agro, nunha cita que serviu tamén como espazo para o reencontro entre membros da entidade.