Novas de A Peroxa
A Peroxa pon en marcha o seu programa de conciliación familiar para o curso 2026-2027
O programa de conciliación familiar arrinca este mes e as persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición a través do Concello
A Deputación de Ourense aproba preto de 1,4 millóns de euros en 35 subvencións para concellos e entidades da provincia
As axudas, repartidas en dous grandes bloques, destínanse a mellorar infraestruturas, servizos e espazos públicos municipais, así como a reforzar a colaboración con entidades do ámbito deportivo e social da provincia
A piscina municipal de A Peroxa pecha as súas portas mañá tras rematar a tempada de verán
A instalación acollerá hoxe a súa derradeira xornada de baño, antes de baixar a persiana o martes
O GDR Adercou programa seis rutas para descubrir o patrimonio e os sabores da provincia de Ourense
O ciclo combina sendeirismo interpretativo, visitas culturais e degustacións de produtos locais en cinco concellos da provincia
O Fest Clásico Ribeira Sacra continúa esta fin de semana en Chantada, Nogueira, Quiroga e Os Peares
O festival, que comezou o pasado domingo, levará a música clásica a distintos espazos da Ribeira Sacra ata o domingo 30 de agosto
A Peroxa licita por 233.635 euros a renovación do céspede artificial do campo de fútbol do Marco
O contrato contempla a retirada da superficie actual e a instalación dun novo céspede, cun prazo de presentación de ofertas aberto ata o 10 de setembro
A Peroxa prepárase para acoller a terceira edición da súa BTT
A proba de ciclismo de montaña terá lugar o 13 de setembro e contará con dúas rutas, de 30 e 40 quilómetros, con desniveis positivos de 800 e 1.200 metros, respectivamente
Graíces prepárase para tres días de celebración na honra á Virxe das Neves
A parroquia da Peroxa ofrecerá un programa que combina verbenas, actos relixiosos e propostas musicais entre o 8 e o 10 de agosto
O BNG atribúe ao déficit da candidatura o novo rexeitamento da UNESCO á Ribeira Sacra
Néstor Rego reclama que Galicia teña representación directa na UNESCO e pide un plan integral para desenvolver o territorio máis aló do recoñecemento patrimonial
O Teleclub de Toubes organiza unha fin de semana chea de festa
O programa polas festas na honra de Santiago e Santa Ana inclúe actos relixiosos, sesións vermú con DJ DAB, un bingo musical, xogos de auga para a rapazada e actividades no Teleclub
A Peroxa celebra as festas de San Bieito na parroquia de San Ginés
A celebración comezará o venres cun churrasco con pincho a partir das 22.00 horas
O Ciclo de Cine de Verán da Peroxa continúa este domingo coa proxección de “Cinco lobitos”
A sesión está prevista ás 21:00 horas no Auditorio Municipal
O PP denuncia atrasos na redacción do proxecto dos carrís de adiantamento da N-120 entre Os Peares e Ourense
Os populares critican que o Ministerio continúe a afirmar que “están a redactar” o proxecto construtivo e reclaman a licitación das obras en 2026
O PSdeG da Peroxa denuncia o atraso na apertura das piscinas municipais
O grupo socialista reclama adiantar a posta en funcionamento ante as altas temperaturas de xuño e cuestiona o estado das instalacións e a selección de socorristas
A provincia de Ourense conta con 12 novos tractores para reforzar a prevención de incendios
O novo material destínase a Carballeda de Avia, Allariz, Padrenda, Chandrexa de Queixa, Vilar de Santos, A Pobra de Trives, O Carballiño, Vilardevós, Carballeda de Valdeorras, Verín e Xunqueira de Ambía, ademais da mancomunidade Santa Águeda
A Deputación de Ourense recuperará en outubro a Mostra dos Viños da Ribeira Sacra
A celebración terá lugar a fin de semana do 24 de outubro, coincidindo co final da vendima, como homenaxe ao traballo de viticultores e adegueiros, e a comisión organizadora xa traballa no programa
A Ribeira Sara ourensá terá a súa primeira Feira do Viño
O presidente da Deputación de Ourense mantivo este martes un encontro con representantes institucionais dos municipios que conforman a Ribeira Sacra para comezar a traballar nesta proposta
Eventos
O Senado insta ao Goberno a acometer unha rehabilitación integral e urxente da N-120 en Lugo
Os senadores do PP de Lugo lograron sacar adiante unha medida para solicitar o arranxo da vía ao seu paso pola provincia de Lugo e o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense
A provincia de Ourense mantén a alerta polas crecidas dos ríos
Pídese á cidadanía extremar as precaucións especialmente polas incidencias na rede viaria e faise un chamamento a evitar achegarse ás marxes fluviais
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
A Deputación impulsa a mellora das infraestruturas deportivas da provincia
A institución provincial destina esta semana destina esta semana 42.000 euros a apoiar entidades culturais e deportivas e 610.200 euros á cooperación con concellos
Temes e Celaguantes acollen unha xornada veciñal sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
Ambas parroquias celebrarán este domingo unha xornada que marcará o punto de partida para estreitar a relación entre técnicos e veciños, dando inicio á segunda fase do proceso participativo sobre a candidatura
Celaguantes celebrará a próxima fin de semana as súas festas en honra a San Ramón
A música e a gastronomía serán as protagonistas da xornada
A exposición ‘Ribeira Sacra Cultural’ homenaxea ao artista ourensán José Vázquez Ribada nos Peares
Máis de 70 cadros do autor poderán verse os días 21, 22, 23 e 24 de agosto










