O Teleclub de Toubes organiza unha fin de semana chea de festa

RibeiraSacraXa | OurenseXa
O programa polas festas na honra de Santiago e Santa Ana inclúe actos relixiosos, sesións vermú con DJ DAB, un bingo musical, xogos de auga para a rapazada e actividades no Teleclub
festas-teleclub-toubes
24 Jul 2026

O Teleclub de Toubes organiza os días 25 e 26 de xullo as festas na honra de Santiago e Santa Ana, cun programa que combina celebracións relixiosas e actividades de lecer para todas as idades.

A programación do venres 25 de xullo comezará ás 12.30 horas coa misa solemne. Ao remate terá lugar a sesión vermú no campo da festa, amenizada por DJ DAB.

Xa pola tarde, a partir das 18.30 horas, celebrarase un bingo musical dirixido ao público adulto, mentres que a rapazada poderá participar en diferentes xogos de auga.

A xornada continuará pola noite coa apertura do Teleclub, que permanecerá en funcionamento "ata que o corpo aguante", segundo indica a organización.

As festas continuarán o sábado 26 de xullo cunha misa solemne prevista para as 13.00 horas. Posteriormente, celebrarase unha nova sesión vermú no campo da festa, tamén coa música de DJ DAB.

0.10878396034241