Celaguantes celebrará as Festas de San Ramón con actividades para todas as idades

Celaguantes, na Peroxa, celebrará as súas festas os vindeiros venres 28 e sábado 29 de agosto cun programa que combinará actividades para a mocidade, actos relixiosos, gastronomía, xogos e música.
A programación comezará o venres 28 de agosto coa Festa da Xuventude, que dará comezo ás 21.00 horas. O sábado 29, os actos arrancarán ás 12.30 horas coa misa e procesión. A continuación, ás 13.30 horas, terá lugar a sesión vermú a cargo do Dúo 13. Ás 14.00 horas celebrarase o xantar popular. Para participar será necesario realizar unha reserva previa mediante chamada ou WhatsApp no número 678 703 410. O prezo establecido é de 23 euros.
As actividades continuarán pola tarde co concurso de lanzamento de sacho, previsto para as 20.00 horas. A xornada festiva rematará coa verbena a cargo da Orquestra Mar de Arousa, que ofrecerá dous pases, ás 22.00 e ás 00.00 horas.