A Peroxa Club de Fútbol abre a inscrición para a tempada 2026/2027

A Peroxa Club de Fútbol abriu o período de inscrición para formar parte dos equipos da próxima tempada 2026/2027, na que a entidade deportiva volverá contar con categorías dirixidas a diferentes idades e con participación mixta para nenos e nenas.
O club organizará equipos desde as categorías de iniciación ata xuvenís, ofrecendo a posibilidade de practicar fútbol nunha contorna orientada á aprendizaxe, ao deporte e á convivencia.
Na categoría xuvenil, correspondente a fútbol 11, poderán participar xogadores e xogadoras nacidos nos anos 2008, 2009 e 2010.
O equipo cadete, tamén en modalidade de fútbol 11, estará destinado aos nacidos en 2011 e 2012, mentres que a categoría infantil incluirá a xogadores e xogadoras dos anos 2013 e 2014.
No caso das categorías de fútbol 8, os equipos alevíns estarán integrados por participantes nacidos en 2015 e 2016, e os benxamíns por rapaces e rapazas dos anos 2017 e 2018.
A estrutura completarase coas categorías pre-benxamín e biberón, nas modalidades de fútbol 8 e fútbol sala, destinadas a nenos e nenas nacidos entre os anos 2019 e 2021.
Os adestramentos realizaranse no campo de fútbol do Marco, na Peroxa, durante as xornadas dos martes e venres.
Os equipos de fútbol 8 adestrarán entre as 18.00 e as 19.15 horas. A categoría infantil terá sesións entre as 18.15 e as 19.45 horas, mentres que os cadetes desenvolverán os seus adestramentos entre as 18.30 e as 20.00 horas.
Pola súa banda, os xuvenís adestrarán tamén martes e venres, en horario de 18.00 a 19.30 horas.
As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a inscrición poden contactar co club a través do teléfono 656 617 219, correspondente a Toño.