A Peroxa prepárase para acoller a terceira edición da súa BTT

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A proba de ciclismo de montaña terá lugar o 13 de setembro e contará con dúas rutas, de 30 e 40 quilómetros, con desniveis positivos de 800 e 1.200 metros, respectivamente
btt-a-peroxa-2026
16 Aug 2026

A Peroxa acollerá o vindeiro domingo 13 de setembro a terceira edición da BTT A Peroxa, unha cita deportiva que volverá reunir no municipio afeccionados ao ciclismo de montaña.

A proba, organizada por BTF A Peroxa coa colaboración do Concello da Peroxa e da LGMC (Liga da Moto de Campo), terá a saída e chegada na Praza do Concello, ás 9.30 horas.

As persoas participantes poderán escoller entre dúas modalidades de percorrido. A ruta curta terá unha distancia de 30 quilómetros e un desnivel positivo de 800 metros, mentres que a ruta longa alcanzará os 40 quilómetros, cun desnivel positivo de 1.200 metros.

A inscrición ten un prezo de 18 euros. Os dorsais poderán recollerse unha hora antes da saída.

A organización tamén contempla avituallamentos durante a proba e ofrecerá pinchos ás persoas participantes ao remate da actividade.

0.11992287635803