A piscina municipal da Peroxa acollerá unha xornada de salvamento e socorrismo este martes

A piscina municipal da Peroxa será escenario o vindeiro 21 de xullo dunha actividade de salvamento e socorrismo organizada entre as 12.00 e as 14.00 horas.
As persoas interesadas en participar deberán formalizar previamente a súa inscrición no Concello da Peroxa.
A iniciativa enmárcase no programa de Fomento Deportivo impulsado pola Deputación de Ourense e conta coa colaboración do Club de Salvamento Acuático Ourense Salvour.