Novas de A Peroxa
O foro da Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel suma novas incorporacións
As novas entidades que pasan a formar parte deste foro son unha comunidade de montes, a Asociación Galega de Custodia do Territorio e a Fundación Uxío Novoneyra
O Senado insta ao Goberno a acometer unha rehabilitación integral e urxente da N-120 en Lugo
Os senadores do PP de Lugo lograron sacar adiante unha medida para solicitar o arranxo da vía ao seu paso pola provincia de Lugo e o cumprimento do compromiso de executar o terceiro carril entre Os Peares e Ourense
A provincia de Ourense permanece en alerta polo estado da rede viaria a causa das intensas choivas
As autoridades advirten dun aumento significativo dos caudais e piden aos condutores precaución ante o estado actual das estradas na provincia e posibles novos asolagamentos
A Xunta destina 1,5 millóns á segunda fase de axudas para a conservación paisaxística da Ribeira Sacra
A convocatoria anterior permitiu recoñecer o labor de 794 viticultores a través dun orzamento de algo máis de 1,3 millóns de euros
O PP urxe ao Goberno a iniciar o desdobramento de carrís entre Os Peares e Ourense
Critican que o proxecto de mellora desta vía de conexión clave entre Ourense e o sur de Lugo “acumula unha parálise de case 3 anos” e reclaman a rehabilitación integral do pavimento, a mellora da sinalización viaria e do trazado nos tramos lucenses
A 7ª edición do Fest Clásico Ribeira Sacra regresa en agosto con concertos en Chantada, Os Peares, Luíntra e Pantón
Os concertos desenvolveranse os días 24, 29, 30 e 31 de agosto
Os socialistas de Ourense destacan a importancia estratéxica do viño para o desenvolvemento da provincia
O PSdeG de Ourense vén de concluír unha rolda de encontros coas Denominacións de Orixe para coñecer as súas necesidades
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
Abre o prazo para solicitar as axudas a entidades sen ánimo de lucro na provincia de Ourense
As subvencións están destinadas a aquelas organizacións que leven a cabo proxectos de carácter social
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial entra oficialmente na súa recta final
Un grupo de consultores da UNESCO visitará en outubro a Ribeira Sacra no tramo final da candidatura, que xa forma parte das admitidas para ser avaliadas polo Comité Mundial da Unesco
A Ruta do Viño Ribeira Sacra incorpórase ao club Rutas del Vino de España
En total, esta ruta abrangue 21 concellos situados entre o sur de Lugo e o norte de Ourense
O futuro polígono Carballedo-A Peroxa prevé mobilizar un total de 25,48 hectáreas de terreo
Medio Rural e o Concello da Peroxa avanzaron na situación deste futuro polígono, así como no de Mirallos, que mobilizará 44,52 hectáreas de terreo
Mobilízanse máis de 600.000 euros para cooperación con concellos da provincia de Ourense
As axudas están destinadas á mellora de infraestruturas, servizos e obras
Interior Galego Vivo denuncia o mal estado das estradas estatais no interior das provincias de Ourense e Lugo
Poñen de relevo “estado actual da N-540 entre Lugo e Ourense, que representa un serio perigo para a seguridade viaria”, así como a situación da N-120 entre Monforte de Lemos e Os Peares
Mobilízanse 784.524 en axudas a concellos, entidades deportivas e para o Plan Anual de Publicacións na provincia de Ourense
O goberno provincial sacou adiante tamén as bases reguladoras e convocatoria dun concurso para a selección de autores para a edición dun libro sobre a Vía da Prata
A Deputación de Ourense reivindica o potencial da provincia no eixo do turismo sostible
O presidente provincial participou nunha mesa de debate sobre turismo sostible, na que destacou os programas da Deputación en materia termal, así como outros atractivos da provincia, como a Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou a Vía da Prata
Entra en funcionamento a nova Oficina Única Virtual de Atención ao Cidadán da provincia de Ourense
Trátase dunha plataforma integrada que permite á cidadanía dirixirse á Deputación mediante teléfono, correo electrónico, SMS, web, WhatsApp ou redes sociais
A Xunta fai pública a documentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
A cidadanía poderá consultar a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga
Os viños da DO Ribeira Sacra promociónanse na Barcelona Wine Week 2025
Un toal de 8 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra están presentes no expositor que a Consellería do Medio Rural ten instalado neste evento
Os “Trens Turísticos de Galicia” percorrerán as principais rutas do viño da provincia de Ourense
Os itinerarios atravesarán a Ribeira Sacra, O Ribeiro, Monterrei e Valdeorras, así como o “ecoespazo do Rexo” en Allariz e a Colexiata de Xunqueira de Ambía
Presentada a documentación definitiva da candidatura da ‘Ribeira Sacra: Paisaxe da auga’ a Patrimonio Mundial
A proposta céntrase en seis atributos especiais deste territorio que abrangue as provincias de Lugo e Ourense e que o dotan dun “valor universal e excepcional”
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial afronta a súa recta final
A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro
O SLG demanda unha compensación para as pequenas viticultoras da Ribeira Sacra ante a baixada de rendementos por hectárea
Denuncian que a Consellería de Medio Rural está “deixando esmorecer ás pequenas viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra
El Consejo Regulador de la D.O. Ribeira Sacra pide la limitación de nuevas plantaciones
Los miembros del consejo aprobaron durante su última reunión una serie de medidas con el objetivo de avanzar en el camino a la excelencia de los vinos con Denominación de Origen Ribeira Sacra



