A Peroxa licita por 233.635 euros a renovación do céspede artificial do campo de fútbol do Marco

O Concello de A Peroxa sacou a licitación a substitución do céspede artificial do campo de fútbol municipal do Marco, unha actuación que permitirá renovar a superficie de xogo e mellorar as condicións de seguridade e uso desta instalación deportiva.
O contrato contempla a retirada do céspede sintético existente e a súa substitución por unha nova superficie de céspede artificial. O orzamento da licitación ascende a 233.635,39 euros.
Os traballos desenvolveranse nas instalacións deportivas municipais de A Peroxa e teñen como finalidade actualizar o terreo de xogo e mellorar as condicións nas que se desenvolven as actividades deportivas.
O prazo para a presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 10 de setembro.