RibeirasacraXa
GaliciaXa
Alerta laranxa por chuvias intensas no interior da Coruña e no centro e montaña de Lugo
Ademais, o resto da provincia luguesa, toda a de Ourense e o interior de Pontevedra están en alerta amarela
Chandrexa de Queixa impulsa a igualdade e o benestar das mulleres a través do programa ‘Mulleres empoderadas’
A iniciativa desenvolveu desde maio obradoiros de habilidades e autocoidado para reforzar a autoestima, a autonomía e a confianza das participantes
Pantón recupera o Obradoiro de Traballo Intelectual para estimular a mente e favorecer a socialización
A actividade, gratuíta e dirixida a persoas adultas, comezará o 14 de outubro e desenvolverase todos os mércores pola tarde
Montederramo remata as obras de saneamento e pavimentación na Graña
A actuación súmase ás recentes intervencións realizadas polo Concello para mellorar os espazos públicos e os servizos no municipio
Organizan en Monforte unha andaina silenciosa pola paz o 10 de outubro
A proposta partirá da explanada da Compañía e rematará en San Vicente do Pino cun concerto de Waby Eliott e a lectura dun manifesto
Os ‘Camiños dos Sabores’ regresan ao Courel con catro propostas para coñecer os produtos locais
A cuarta edición comezará o 10 de outubro e combinará rutas guiadas con visitas a produtores e actividades vinculadas á gastronomía da montaña
O Clube Voleibol Ribeira Sacra logra presenza na Primeira División en todas as categorías inferiores
Os equipos alevín e cadete conseguiron a clasificación no Torneo de Apertura, mentres que os conxuntos B infantil e cadete ascenden á Segunda División
A Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel reúne 250 participantes na súa primeira edición
Javier Janeiro e Elena Castro gañaron a proba de 16 quilómetros, mentres que Marta Rivera e José Antonio Orozco se impuxeron nos 10 quilómetros
O Pereiro de Aguiar continúa cos traballos de mellora das pistas deportivas municipais
As actuacións xa chegaron ás instalacións de Tapada de Bouzas e Vilariño e continuarán en diferentes puntos do concello
Chantada volverá a acoller o Congreso sobre a Vespa velutina o 24 de outubro
O Auditorio municipal reunirá especialistas e profesionais para abordar novas técnicas de localización e control da especie invasora
A Biblioteca Antonio Reboiro recupera o seu Club de Lectura cun percorrido polos clásicos estadounidenses
A nova edición comezará este mércores, 7 de outubro, e estará moderada por Sergio Rodríguez, con lecturas de autores como Hemingway, Hawthorne ou Zora Neale Hurston
Música de raíz no corazón da serra do Courel
Creado no ano 2024 da man de Xavier Blanco e Martina Ferradás, o Centro de Interpretación da Música de Raíz da Fundación Legar garda entre as súas paredes unha colección de máis de 1.200 instrumentos de música de raíz galegos
Pantón retoma os encontros para homes centrados nas masculinidades e na igualdade
A iniciativa dos Servizos Sociais regresará á Casa da Cultura de Ferreira cunha sesión mensual e incorporará novos obradoiros e unha fin de semana intensiva
Monforte cortará o tráfico na Avenida de Galicia este martes polas obras de asfaltado
A circulación estará interrompida entre a rúa Cardenal e a Ponte Nova de 15:00 a 17:00 horas, con varios desvíos habilitados para reducir as afeccións
As Escolas Deportivas de Quiroga comezan o curso con 80 nenos e nenas anotados
Como novidade, este ano incorporouse o grupo ‘Chupete’ para idades de 4 e 5 anos
Bóveda celebra o mes das bibliotecas con actividades para todos os públicos durante o mes de outubro
A Axencia de Lectura organiza reunións do Club de Lectura, un curso de dixitalización, un contacontos e unha representación teatral
Bóveda retomará este luns o seu programa de Envellecemento Activo
A proposta está dirixida a maiores de 55 anos inclúe actividades de memoria e ximnasia de mantemento en cinco parroquias e no Centro Sociocultural
O OUFF pecha as súas presentacións de Panorama Galicia e Xanela e leva o cine ao centro penitenciario de Pereiro de Aguiar
O festival reuniu nunha mesma xornada a presentación de varios títulos en competición, o peche da sección de proxectos en desenvolvemento e unha nova proxección solidaria fóra das salas
GaliciaXa
O ano hidrolóxico da CHMS remata cos encoros ao 58,34 %, un 3,15 % por riba da media histórica
Pódense diferenciar dous períodos, un húmido, entre novembro e febreiro, destacando sobre todo febreiro polo valor máximo histórico acadado; e outro de escasas chuvias, entre marzo e setembro, de carácter seco ou moi seco
Taboada inicia a primeira fase da recuperación do Campo da Feira
A actuación permitirá crear unha nova praza, ordenar o aparcamento e ampliar as zonas verdes nun espazo de valor urbanístico e patrimonial para a vila
O Faladoiro de Quiroga recupera os recordos da vida rural da man de Loyda López Pérez
A actividade regresou tras o verán cun encontro dedicado á infancia da protagonista en Vilar do Mato e ás súas vivencias como emigrante
Continúan as melloras da rede viaria municipal en Taboada
Os traballos incluíron accesos a núcleos de Arxiz e Sampaio, a estrada entre a LU-212 e a N-540 e a pista entre Lustiás e A Baiuca
O Pereiro de Aguiar programa unha tarde de microteatro para toda a familia
Dramiño Teatro representará este sábado varias pezas no Auditorio dos Gozos a partir das 19.00 horas




