Monforte celebra o outono con gastronomía e música na Praza de Abastos

RibeiraSacraXa
A iniciativa, organizada pola delegación sur da Apehl coa colaboración do Concello, promove os produtos locais e a gastronomía da contorna
Monforte-Saborea-e-Canta-o-Outono-2026
14 Nov 2026

A Praza de Abastos de Monforte acolleu unha nova edición do "Saborea e Canta o Outono", unha proposta que combina gastronomía e música para dar visibilidade aos produtos da contorna e á oferta culinaria local.

A actividade está organizada pola delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (Apehl), coa colaboración do Concello de Monforte, e volveu converter este espazo comercial nun punto de encontro arredor da gastronomía e dos produtos de proximidade.

O alcalde, José Tomé Roca, asistiu ao evento acompañado pola tenente de alcalde, Gloria Prada, e polo concelleiro de Medio Rural, Obras e Servizos, José Luis Losada. A presenza dos representantes municipais enmárcase no apoio do Concello a unha iniciativa que contribúe a dinamizar a Praza de Abastos e a promover os recursos gastronómicos do municipio e da súa contorna.

0.13878417015076