Novas de Chandrexa de Queixa
O PSdeG pide á Xunta “readaptar con urxencia” o transporte por autobús nas comarcas do oriente ourensán
Celebran a recuperación das paradas na Gudiña pero piden “conexións reais” cos novos horarios do AVE para as zonas de Verín, Valdeorras, Viana e Trives
Chandrexa de Queixa acollerá este mércores unha charla sobre a importancia da prevención fronte ao cancro colorrectal
Este obradoiro de saúde comunitaria impartirase no Centro de Saúde en horario de mañá
Chandrexa de Queixa celebrará o Entroido cun gran Desfile de Folións
Será o vindeiro sábado, 14 de febreiro, e contará tamén cun xantar popular
Luz verde ambiental ao plan urbanístico básico de Chandrexa de Queixa
Con este paso, o municipio ourensán poderá avanzar na tramitación do plan, que servirá para establecer unha ordenación urbanística básica nun concello que carece actualmente de planeamento xeral
Nace a Escola de Pastores de Galicia para apoiar a gandaría extensiva e o relevo xeracional
O alumnado poderá realizar prácticas en granxas de distintos concellos da provincia de Ourense
O BNG saca adiante no Senado unha iniciativa para recuperar as comunicacións nas zonas afectadas polos incendios
A moción céntrase especialmente na situación de varios municipios das provincias de Lugo e Ourense, onde os lumes danaron infraestruturas clave de telecomunicacións
A voz dos alcaldes: Francisco Rodríguez, rexedor de Chandrexa de Queixa
Nado en Celeiros no ano 1946, Francisco Rodríguez leva dende 1991 á fronte da Alcaldía de Chandrexa de Queixa
Un grupo de expertos analiza en Ourense as causas do descenso demográfico da provincia nos últimos anos
O encontro busca trazar directrices nas políticas públicas para mellorar as condicións de vida, xerar marcos de innovación e sustentabilidade, facilitar a accesibilidade e favorecer a atracción e o arraigo da poboación
O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia a “precariedade” dos servizos de saúde no oriente da provincia
Os socialistas súmanse á protesta convocada en O Barco este sábado para pedir solucións á situación sanitaria nas comarcas de Valdeorras, O Bolo e Trives
A Xunta e a CHMS impulsarán unha comisión técnica para coordinar actuacións nas zonas afectadas polos incendios
O obxectivo principal desta comisión técnica será planificar accións conxuntas entre as distintas administracións implicadas para protexer os ríos da bacía do impacto do lume
O PSdeG-PSOE de Ourense constitúe a súa coordinación rexional en Trives-Caldelas de cara ás eleccións de 2027
A coordinadora, encabezada por Sara Inés Vega Núñez, buscará reforzar a estrutura local municipio a municipio, mantendo as alcaldías actuais, así como ampliar a súa representación en municipios como Montederramo, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira
Besteiro carga contra a política do PP durante a vaga de incendios
O secretario xeral do PSdeG mantivo este luns en Ourense un encontro con alcaldes e alcaldesas socialistas onde esixiu responsabilidades políticas tras a traxedia
Galicia mantense sen lumes activos despois dun tráxico mes de agosto
Só quedan na fase de estabilizados o da Pobra do Brollón, en Lugo, e o de Avión, en Ourense
A vaga de incendios achégase ao final con todos controlados ou estabilizados
Esta mañá os dous últimos que quedaban, o da Pobra do Brollón e o de Avión, deixaron de estar activos
Estabilizado o incendio de Chandrexa de Queixa e quedan só dous incendios activos en Ourense
A situación na provincia de Lugo continúa a mellorar, xa sen chamas e con todos os lumes controlados
O incendio de Larouco convértese no máis grande da historia de Galicia con 20.000 hectáreas calcinadas
O lume, que se propagou por numerosos concellos ourensáns e afecta tamén ao municipio de Quiroga, supera xa ao de Chandrexa de Queixa, que leva arrasadas 17.500 hectáreas, mentres que o do Oímbra convértese no terceiro maior da historia da comunidade, afectando a 15.000 hectáreas
Reorganización da atención sanitaria na provincia de Ourense polos incendios: centralizarase nos centros de cabeceira
No caso dos centros de saúde de San Xoán de Río e de Manzaneda a atención centralizarase no centro de saúde da Pobra de Trives, mentres que a atención no centro de saúde de Chandrexa de Queixa quedará centralizada no centro de saúde de Montederramo
Eventos
OcioenGalicia
Concierto de Uxía en Tui
OcioenGalicia
Concierto de Uxía en Rianxo
OcioenGalicia
Concierto de la pianista Isabel Dobarro en A Coruña
Con 16.000 hectáreas calcinadas, o incendio de Chandrexa de Queixa é xa o máis grande da historia de Galicia desde que hai rexistros
O lume avanza sen control e afecta tamén aos municipios de Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, O Bolo e Laza
O lume calcina xa máis de 21.000 hectáreas na provincia de Ourense
O incendio en Chandrexa de Queixa, o máis grande ata o momento, suma 9.500 hectáreas queimadas
A Deputación de Ourense mobiliza todos os seus efectivos para loitar contra os incendios na provincia
Xunta, Estado e Deputación colaboran na extinción dos incendios da provincia, entre os que se atopan o de Chandrexa de Queixa e o de Maceda, declarados en situación 2 por atoparse preto de vivendas
Continúan activos os incendios de Maceda e Chandrexa de Queixa
O lume na parroquia de Requeixo, en Chandrexa, acumula preto de 800 hectáreas calcinadas
A veciñanza de Chandrexa de Queixa contará cun novo espazo común en Celeiros
A Xunta e o Concello asinaron un acordo por máis de 235.000 euros para humanizar unha parcela para uso veciñal
Asomega celebrará este venres en Monforte o seu Encontro de Verán 2025
Durante o acto entregarase a IV Bolsa de Medicina Rural Asomega-SEMG, que este ano recoñece o traballo desenvolvido nos concellos de Manzaneda e Chandrexa de Queixa
A Deputación de Ourense organiza un torneo popular de baloncesto 3x3 aberto a todas as comarcas da provincia
A competición, gratuíta e para todas as idades, comezará o 12 de agosto con cinco xornadas en distintas sedes






