Chandrexa de Queixa realizará un obradoiro de elaboración de perfumes naturais

O Concello de Chandrexa de Queixa organizou un obradoiro de perfumes naturais que terá lugar o próximo mércores, 23 de setembro, en horario de 17.00 ás 19.00 horas.
A actividade desenvolverase na aula taller do colexio de Celeiros e está pensada para que os asistentes aprendan a elaborar perfumes de xeito artesanal empregando ingredientes naturais.
Durante a sesión, os participantes terán a oportunidade de confeccionar tres perfumes distintos, cada un presentado nun formato diferente: sólido, en spray e en roll-on. Deste xeito, quen acuda ao obradoiro poderá experimentar con varias técnicas de elaboración e levar para a casa as súas propias creacións nos tres formatos.
Esta iniciativa enmárcase dentro da programación de actividades que o Concello de Chandrexa de Queixa vén ofrecendo aos veciños do municipio.